DIGI4AUT, avanzando cara ao modelo de fábrica de automoción 4.0.

Aimen e Grupo Copo conclúen con éxito un proxecto para optimizar a produción de escumas para vehículos

Avanzar cara a unha industria da automoción cada vez máis intelixente era o principal obxectivo da Unidade Mixta de Investigación (UMI) DIGI4AUT, desenvolvida polo centro tecnolóxico Aimen e o Grupo Copo, que acaba de concluír con resultados moi importantes para o aforro de tempo, material e custes na produción de espumas para os compoñentes da industria da automoción. A iniciativa contou co apoio da Xunta de Galicia a través da Axencia Galega de Innovación (Gain). O orzamento do proxecto acadou os 4.080.000 euros que foron cofinanciados con cargo a a fondos FEDER Galicia 2014-2020.

Despois de catro anos de traballo acadáronse grandes resultados na implantación dun sistema avanzado do material sobrante das escumas, o que permite aforrar tempo, material e custos. Ademais, obtivéronse solucións mediante a aplicación de sistemas de monitorización e control de procesos con visión artificial e analítica de datos. O proxecto supón un importante avance cara a un novo modelo de fábrica avanzada 4.0., capaz de abordar dun xeito flexible e eficiente a produción de escumas de maiores prestacións para o sector da automoción.

Publicidade

O equipo que desenvolveu o proxecto centrouse nas tecnoloxías que conectan o mundo físico co dixital, baseándose en catro piares: conectividade, dixitalización, reconfigurabilidade e fábrica cognitiva e intelixente. “Os resultados do proxecto xa son efectivos e na actualidade no grupo COPO xa traballamos con algúns dos resultados obtidos como o control do molde para evitar os sobrantes nas pezas ou a aplicación de cera de desmoldeo de forma máis homoxénea no molde”, explica Sergio Rodríguez, xerente de Cetec (Centro Tecnolóxico do Grupo COPO).

Pola súa banda, Yago Lapido, investigador da Unidade de Robótica e Control en Aimen, sinala que nos últimos meses do proxecto avanzouse en aspectos como a eliminación do material sobrante das pezas, a identificación das variables que inflúen na fabricación das mesmas e na súa trazabilidade. Deste xeito incorporouse un código unitario a cada peza fabricada, que recolle todos os parámetros críticos do proceso durante a fabricación da peza. Ademais desenvolveuse un sistema de xestión dos procesos de fabricación (MES).

Publicidade

Lapido destaca que durante a realización do proxecto tanto Aimen como Grupo Copo traballaron como un único equipo. “Nós achegamos o coñecemento de certas tecnoloxías innovadoras dentro do concepto de industria 4.0, mentres que Copo achegou a súa experiencia nos procesos de fabricación de asentos para automoción. Grazas a este traballo conxunto puidéronse implantar e desenvolver tecnoloxías que anteriormente non existían nas plantas do grupo”, conclúe Lapido.

Aimen e Grupo Copo levan unha década realizando proxectos de I+D de xeito conxunto e cumprindo os estándares da industria 4.0.

Sergio Rodríguez considera que o proxecto supón un paso importante dentro da transformación dixital das plantas do grupo COPO, cumprindo os estándares da industria 4.0. “Avanzamos nas tecnoloxías vinculadas á fabricación intelixente, mellorando a calidade e reducindo custos. Polo tanto, podemos dicir que COPO converteuse xa nun referente de fábrica dixital e un exemplo a seguir para o sector do automóbil cara á fábrica 4.0”, engade Rodríguez.

A colaboración entre Grupo COPO e Aimen non é nova xa que levan unha década realizando proxectos de I+D de xeito conxunto no ámbito de materiais e procesos de fabricación. Ámbalas dúas entidades xa constituíron outras dúas UMIs (NEWFOAM e HIGHPIPE), co apoio da Xunta de Galicia e cofinanciamento do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, centradas no desenvolvemento de novos materiais e tecnoloxías para a fabricación de produtos escumados para a industria da automoción. “Estamos a traballar na definición de novos proxectos que acheguen novos coñecementos e beneficios tanto a Aimen como a Grupo COPO”, conclúe Lapido.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un fármaco para recuperarse tras un ictus e unha tecnoloxía de selado de latas, Premios á Transferencia

Os galardóns que outorgan a Real Academia Galega de Ciencias e a Axencia Galega de Innovación premian un grupo do IDIS e outro da UVigo

Galicia avanza cara un composto innovador con eficacia contra as células nai do cancro

O proxecto MEDICS do CIQUS, inicialmente apoiado polo programa Ignicia da Xunta de Galicia, desenvolve terapias innovadoras de baixa toxicidade para tratar tumores como os de colon ou páncreas

Do bicho da fariña ao envase sostible: a tese galega que transforma insectos en biofilms

Un proxecto da Universidade de Vigo e Cifga, apoiado polo programa Doutoramentos Industriais da Xunta de Galicia, explora o uso do escaravello ‘Tenebrio molitor’ para desenvolver materiais biodegradables de baixo impacto ambiental

Unha nova esperanza para deter a metástase no cancro dende A Coruña

O proxecto Canther do INIBIC, co apoio do programa Ignicia da Xunta de Galicia, impulsa un fármaco pioneiro que podería frear a propagación tumoral en cancro de colon, gástrico e de pulmón