Xornada de miles de raios en Galicia

As tormentas eléctricas están a deixar en Galicia unha importante actividade de raios. Meteogalicia conta cun servizo que computa e localiza os lóstregos na comunidade.  A actividade nas últimas horas, co paso de varias frontes, deixa un tempo inestable no que este tipo de fenómenos será habitual.

Ata as 16 horas da xornada do venres, contabilizáronse 1.733 raios na comunidade, cuns rexistros máis importantes no sur de Galicia.

Publicidade

A Rede de Detección de Raios está composta por catro detectores, un en cada provincia, situados no Alto do Rodicio (Ourense), Castro Ribeiras de Lea (Lugo), Mabegondo (A Coruña) e Vigo Campus (Pontevedra).

Para consultar os datos da rede de raios galega, hai que usar esta ligazón
Rede de Detección de Raios de Meteogalicia

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla