Vídeo: así se verían os planetas se substituísen á Lúa

Unha animación amosa os planetas no ceo terrestre, algo que sería tan espectacular como de brutais consecuencias

Sería fermoso de ver, pero non vai suceder. Non vas espertar unha mañá e atopar a Xúpiter no medio do ceo. Afortunadamente, porque as consecuencias co efecto da súa gravidade serían catastróficas. Pero Nicholas Holmes, un astrónomo afeccionado, quixo probar como se verían os planetas do Sistema Solar se estivesen na mesma posición que a Lúa. Holmes fai abraiantes vídeos sobre o espazo na súa canle de Youtube, Yeti Dynamics.

Unha das súas creacións, que se volveu viral varias veces desde que a publicou en 2013, amosa como se vería os planetas de orbitaren a Terra á distancia da Lúa. Quería ver como se vería”, dixo Holmes a Business Insider nun correo electrónico. “O meu obxectivo principal era resolver a miña propia curiosidade”.

Publicidade

Entón tomou un vídeo do ceo en Huntsville, Alabama, e intercambiou a Lúa por outros planetas usando o software 3D S Max.

James O’Donoghue, un científico planetario que traballa na axencia espacial xaponesa, JAXA, dixo que os tamaños dos planetas no vídeo eran preciso:  “Revisei as matemáticas!” tuiteou en outubro. Se miras detidamente no vídeo, podes ver as catro grandes lúas de Xúpiter: Io, Europa, Ganímedes e Calisto.

Publicidade

Cando Saturno toma o seu lugar, a lúa Tethys deslízase máis aló dos seus aneis.

Pode notar que falta un planeta no vídeo: Mercurio. Iso é porque é apenas máis grande que a Lúa da Terra, cun radio de 2,439 km. O efecto sería similar a ver á nosa compañeira ancestral.

Xúpiter, doutra banda, é o planeta máis grande do Sistema Solar. Pero Saturno semella aínda máis espectacular debido aos seus aneis.

Holmes tamén fixo unha versión nocturna do escenario . Este vídeo mostra os aneis arredor de Urano, e a lúa de Saturno, Dione, tamén aparece, orbitando. Por suposto, iso significa que Dione probablemente chocaría coa Terra no escenario representado na animación.

Unha das cuestións máis interesantes destes vídeos é que, se Xúpiter, Saturno, Urano ou Neptuno aparecesen no lugar da Lúa, a Terra mesma pasaría a ser unha das lúas dese planeta. E iso tamén sería catastrófico. A brutal atracción gravitacional de Xúpiter racharía a codia terrestre e provocaría que todo o noso planeta entrase en erupción simultáneamente. Así que será mellor que sigamos como estamos… simplemente coa Lúa por riba das nosas cabezas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo na Artemis II: “Cando apareceu a misión no noso espectro foi unha celebración incrible”

O equipo de atlanTTic xerou dez terabytes de información en dez días de seguimento da cápsula Orión polo espazo profundo

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar

A tripulación de Artemis II pon rumbo á casa tras establecer o récord histórico de distancia coa Terra

A nave Orión atravesa a cara oculta da Lúa e establece unha nova referencia de afastamento de 406.733 quiómetros, superando en 6.000 a Apolo 13

Unha travesía á cara oculta da Lúa: estas son as mellores imaxes da misión Artemis

A tripulación afronta dez xornadas de voo profundo con fitos históricos, illamento de comunicacións e observacións inéditas do hemiferio non visible do satélite