Unhas zapatillas deportivas feitas con lixo do mar

Unhas zapatillas deportivas fabricadas con lixo atopado nos océanos. Así é o novo prototipo de calzado da marca alemá Adidas, que vén de asinar un acordo de colaboración coa organización Parley For The Oceans na sede nas Nacións Unidas para comercializar, a partir do ano 2016, un novo modelo feito de fíos e filamentos elaborados con residuos de plástico e redes de pesca ilegais obtidos do mar.
Para a fabricación das zapatillas, o lixo mariño pasa por un proceso de reciclaxe: os residuos son triturados en anacos moi pequenos que logo son transformados nas fibras que compoñen o fío co cal se manufactura a tea das zapatillas.
Ambas entidades colaborarán no programa ‘Océano plástico’, baseado en tres piares: educación e comunicación, investigación e innovación, así como accións directas para frear a contaminación por plásticos dos océanos.
Baixo o título ‘Océanos. Clima. Vida’, Parley presentou as súas propostas no salón da Asamblea Xeral das Nacións Unidas de Nova York, durante unha reunión sobre o cambio climático. El evento UNxParley también incluyó una rueda de prensa donde estuvieron Eric Liedtke, miembro del comité ejecutivo responsable de las marcas globales del grupo adidas, y Cyrill Gutsch, fundador de Parley for the oceans. Gutsch habló de esta colaboración y mostró un prototipo de la zapatilla, en la que el upper está hecho de hilos y filamentos recuperados y reciclados a partir de residuos oceánicos y de redes encontradas en el mar.
“En Parley queremos establecer a conservación dos océanos como unha parte fundamental do debate arredor do cambio climático. O noso obxectivo é aumentar a conciencia pública e crear novas colaboracións que podan contribuír a protexer e preservar os océanos”, explicou Cyrill Gutsch, fundador de Parley for the oceans. “Estamos moi orgullosos de que Adidas se una a nós nesta misión para demostrar que é posible converter o plástico do océano nalgo cool“, engadiu.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia está entre as zonas cun maior declive de polinizadores de Europa

Entre os anos 1921 e 2020, na rexión atlántica diminuíu un 42% a ocupación das especies de abellas e nun 32% a dos sírfidos

Cales son as principais ameazas para a saúde global? Estes son os 17 retos para o século XXI

O Comité da prestixiosa revista médica ‘The Lancet’ identifica os riscos que poderían comprometer a supervivencia das vindeiras xeracións ata 2100

Glaciares sacros e plantas rituais: o que o cambio climático está levando por diante

O fenómeno ameaza culturas de todo o mundo que teñen moi pouca responsabilidade nas súas causas e que ás veces o ven como un "castigo divino"

Ourense, Lugo e Santiago, as cidades galegas con máis mortes por calor na última década

O informe de 2026 do 'Lancet Countdown' revela que o cambio climático ten consecuencias directas sobre a saúde pública nas urbes europeas