A Vía Láctea, desde unha cova mariña en Malibú

A Vía Láctea desde unha cova do mar en Malibú
Créditos da imaxe e copyright: Jack Fusco.

Explicación: que está a pasar no exterior desta cova? Nada doutro mundo; só a franxa central da nosa galaxia Vía Láctea que está a pasar por diante. Mentre a Terra xira, a franxa da nosa galaxia parece rotar e xirar ao longo do horizonte. A imaxe publicada foi tirada por un fotógrafo que profesa unha paixón pola localización de covas mariñas e que atopou esta espectacular furna no parque estatal Leo Carrillo preto de Malibú, (California, EUA). Despois dalgunha planificación, programou este único disparo ao través da entrada de 10 metros de altura da cova para amosar a Vía Láctea ao lonxe. No primeiro plano, varias rochas de aproximadamente un metro de diámetro son visibles. Pode ollarse no fondo unha paisaxe estelar de millóns de estrelas que inclúen a relativamente brillante e laranxa Antares, situada xusto á dereita do centro da imaxe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

En 2025 rexistráronse 14 bólidos sobre o ceo de Galicia

A lista recompilada pola rede de investigación SPMN sinala outubro como o mes con máis observacións

A UVigo participa no descubrimento dunha gran fusión que marcou a infancia da Vía Láctea

A investigación na que colabora o catedrático Fernando Aguado identifica os restos dunha galaxia anana absorbida hai uns 12.000 millóns de anos

Un novo bólido sorprende en Galicia: como identificar este tipo de fenómeno astronómico

O CSIC confirma que o meteoro se puido observar dende diversos enclaves distribuídos por Ourense, O Porriño, Arteixo e Vigo

Próxima cita astronómica en Galicia: o 28 de agosto haberá unha eclipse lunar parcial

O evento poderá observarse a simple vista dende toda a comunidade galega sen necesidade de lentes ou aparellos especiais