Rexistran no Amazonas o trilo máis forte dun paxaro: 125.4 db

O campaneiro branco, "Procnias albus", acadou esta cifra, segundo mediron dous científicos nunha investigación que publica "Current Biology"

A revista Current Biology publicou este luns un artigo dos investigadores Jeff Podos (Universidade de Massachusetts Amherst) e Mario Cohn-Haft, do Instituto Nacional de Pesquisas da Amazônia, que describe o que ata agora é o trilo dun paxaro máis forte xamais documentado na literatura. O campaneiro branco (Procnias albus), da familia dos cotínxidos, pode emitir un son de ata 125,4 decibelios, moi por riba dos 85 que adoitan ser considerados como seguros para o oído humano.

Os científicos realizaron un traballo de campo para rexistrar os sons do Lipaugus vociferans, outra especie que, como o seu nome indica, tamén se caracteriza polo forte son que emite, e que estaba ata agora considerada como o paxaro co trilo máis intenso. Porén, o campaneiro superouno.

Publicidade

“Mentres estabamos observando aos campaneiros, tivemos a sorte de ver ás femias unirse aos machos nas súas zonas de trilo”, explica Jeff Podos. Engade o investigador a Science Alert que “nestes casos, os machos cantan as súas cancións máis ruidosas e xíranse durante o trilo para facer soar as notas finais directamente cara as femias”. Podos apunta: “Gustaríanos saber por que as femias se manteñen tan preto dos machos durante este trilo; é posible que estén intentando estudalos de preto, aínda a risco de sufrir danos no sistema auditivo”.

Os campaneiros brancos pesan arredor de 250 gramos, pero posúen músculos potentes na súa zona abdominal que probablemente contribúen á potencia do seu canto. En comparación cos 125 db deste paxaro, cómpre subliñar que nunha oficina silenciosa hai uns 40 db, o timbre pode soar a uns 80 db, a bucina dun coche está arredor dos 110 db e un taladro neumático, sobre os 120 db.

Publicidade


Referencia: Extremely loud mating songs at close range in white bellbirds (Publicado en Current Biology).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo pioneiro desvela como responden as aves ao primeiro megaincendio rexistrado en Galicia

A intensidade das lapas reduciu a diversidade, mentres que a presenza de áreas con distinto nivel de afectación favoreceu a recuperación ecolóxica

As aves mariñas abeiradas na costa galega a causa dos temporais ascenden a 3.500

Rexistráronse máis de 30 especies distintas pero a máis afectada foi o arao papagaio, que se reproduce no norte de Europa e migra a latitudes máis baixas para pasar o inverno

A invasión silenciosa da catorra arxentina en Galicia

O avance desta especie exótica ameaza a biodiversidade, os cultivos e mesmo a saúde pública, mentres os expertos reclaman unha resposta institucional urxente

A gran migración humana que percorreu boa parte do mundo

Un estudo da xenética de diversas etnias descobre que unha poboación de América do Sur foi desde África cruzando polo leste de Asia