Tres tazas de café ao día reducen o risco de morrer novo

Un estudo de medio millón de persoas suxire que beber café diminúe o risco de morte prematura por calquera enfermidade. Os científicos indican que consumir tres cuncas desta bebida cada día reduce a mortalidade precoz un 18% en homes e un 8% en mulleres. Os efectos beneficiosos obsérvanse xa sexa o café con cafeína ou descafeinado, afirman os expertos.

O café é unha das bebidas máis consumidas, aproximadamente cada día bébense 2.250 cuncas ao redor o mundo. Un novo estudo, publicado hoxe na revista Annals of Internal Medicine, asocia o seu consumo cun menor risco de morte.

Publicidade

Os resultados do traballo, desenvolvido por científicos da Axencia Internacional de Investigación sobre o Cancro (IARC) e o Imperial College de London, revelan que beber tres cafés ou máis ao día “independentemente se é con cafeína ou descafeinado” reduce o risco de morte prematura un 18% en homes e un 8% en mulleres.

Mediante datos do estudo EPIC (European Prospective Investigation into Cancer and Nutrition), o equipo de investigadores analizou o consumo de café de 521.300 persoas que superaban os 35 anos de idade, en 10 países da UE. No estudo, os expertos tamén tiveron en conta factores como a dieta ou o tabaquismo.

Publicidade

“Consumir café de xeito moderado podería ser beneficioso para a saúde”

“Descubrimos que beber máis café está asociado cun menor risco de morrer por calquera enfermidade, sobre todo por afeccións circulatorias e dixestivas”, explica Marc Gunter, autor principal e xefe do grupo de Epidemiologia Nutricional do IARC. O científico resalta que, a pesar de que cada país ten diferentes hábitos e costumes á hora de beber café, os resultados foron similares en todas as nacións europeas.

A mesma revista faise eco doutro estudo (realizado durante 19 anos e no que participaron 185.855 americanos de diversas etnias) que mostra como o consumo de café reduce o risco de mortalidade en persoas que non son brancas.

Elio Riboli, profesor e director da Escola de Saúde Pública do Imperial College, sinala que os descubrimentos europeos “súmanse a un conxunto de evidencias crecentes, que indican que beber café non só é seguro, senón que tamén podería ter un efecto positivo na saúde das persoas”, e engade, “aínda que é necesario levar a cabo máis investigacións, podemos estar seguros de que estes resultados confirman os descubrimentos previos ao redor do mundo”.

Segundo o grupo de científicos, o seguinte paso será pescudar cal dos compoñentes do café é o que outorga efectos beneficiosos para a saúde. Ademais, apostan por outras liñas de investigación que analicen o efecto do consumo do café vinculado a resultados médicos.

“Debido ás limitacións da investigación observacional non podemos recomendar ás persoas beber máis ou menos café. Dito isto, os nosos resultados suxiren que consumir café de forma moderada -unha taza ao día- non é prexudicial para a saúde, e que incorporalo na dieta podería ser beneficioso”, conclúe Gunter.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia lidera a mortalidade por sarcoidose, unha rara enfermidade inflamatoria

Ourense e Lugo concentran o maior risco de falecemento por unha patoloxía que pode afectar a todos os órganos, especialmente pel e pulmóns

Que está a pasar coa velutina este ano? Galicia rexistra tres novas vítimas

As condicións meteorolóxicas e o aumento da actividade dos niños poderían explicar a repunta de ataques no outono

Pontevedra xa rexistra máis mortes por cancro de pulmón que o de mama en mulleres

No ano 2024, a provincia galega sumou 159 falecementos por tumor pulmonar, fronte aos 146 causados por carcinoma mamario, segundo datos provisionais do INE

Un estudo galego vincula as noites calorosas cun aumento da mortalidade de ata o 3%

As altas temperaturas á hora de durmir poden empeorar o sono e agravar enfermidades cardiovasculares, respiratorias e neurolóxicas