Premio de divulgación para Jorge Mira no certame Ciencia en Acción

Os premios de comunicación, ensino e divulgación ‘Ciencia en Acción’ volven recoñecer, unha vez máis, o traballo do profesor da USC Jorge Mira. Nesta ocasión, na súa XVIII edición concedeulle ex aequo o primeiro premio na categoría de materiais didácticos de ciencias en soporte non interactivo polo seu libro A que altura está o ceo? (Alvarellos editora), que escribiu en colaboración con María Canosa e contou con ilustracións de Dani Padrón.

O xurado valorou o esforzo do catedrático de Electromagnestismo da USC por “narrar a historia da loita do ser humano por entender as dimensións do universo” a través de 130 páxinas de material educativo, “ben ilustrado e moi interesante”. Entre os argumentos para a concesión do galardón, Ciencia en Acción fai notar tamén que o volume deu lugar a unha das actividades do proxecto eduMOTIVAcon da Xunta de Galicia en colexios e institutos galegos, sendo programado como libro de apoio en moitos deles.

Publicidade

Nesta mesma edición, Jorge Mira acadou tamén unha mención de honra na categoría de divulgación científica en prensa, radio e televisión pola súa colaboración no programa Longitud de onda, de Radio Clásica – Radio Nacional de España.

Así mesmo, o tamén profesor da Facultade de Física da USC José Edelstein conseguiu nesta edición, xunto con Andrés Gomberoff, outra mención de honra na categoría de divulgación científica en libros, revistas e redes sociais polo artigo ‘Tuertos por opción’ da revista Qué pasa. Para o xurado, “defende certeiramente unha visión holística do coñecemento no que as ciencias, a arte e as humanidades fomentan a creatividade e a imaxinación cando actúan en conxunto”.

Publicidade

Premios anteriores
Jorge Mira gañara xa este premio nos anos 2000 e 2005 por traballos en televisión, sendo finalista ou mención de honra noutras cinco ocasións. Ademais, en 2010 Ciencia en Acción concedeulle a Medalla de Honra polo conxunto da súa traxectoria.

Promoven esta iniciativa o Consello Superior de Investigacións Científicas, a Real Sociedade Española de Física, a Sociedade Xeolóxica de España, a Universidade Nacional de Educación a Distancia, a Fundación Lilly, a Fundación Privada Cellex, o Instituto de Ciencias Matemáticas, a Real Sociedade Española de Química, a Sociedade Española de Astronomía e a Sociedade Española de Bioquímica e Bioloxía Molecular.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O festival Pint of Science achega a ciencia aos bares na súa undécima edición

En Vigo celebrarase os días 19, 20 e 21 de maio nos locais El Castro e De Catro a Catro e, por primeira vez, chega Pint Kids

O catálogo ‘Quero ser investigadora’ alcanza a súa 6ª edición con dez historias de científicas da UVigo

O evento inclúe unha guía didáctica, contidos gamificados e unha versión audiolibro que conta cunha versión de lectura fácil

Ventilatio Lab, solucións científicas que veñen polo aire

A spin-off da USC foi a gañadora na categoría Idea Emerxente dos Premios GCiencia Galicia Spin-Off

Por que as tardes comezan a alongarse antes do solsticio de inverno?

A partir do 8 de decembro, a combinación da inclinación do eixo terrestre e da órbita irregular da Terra fai que os días comecen a medrar