Xoves 5 Decembro 2024

Sabías que as teas de araña fan música? Aquí podes escoitala

O proxecto Spider's Canvas, formado por enxeñeiros, compositores e artistas, traduce a estrutura das redes en sons e melodías

As arañas son animais que dependen do tacto para sentir o mundo arredor delas. Os seus corpos e patas están cubertos de pequenos pelos que poden distinguir entre diferentes tipos de vibracións: non é o mesmo unha presa que tropeza coa tea de araña que outra que chega para cortexar. Cada febra dunha rede produce diferentes tipos de variacións

Para ilustrar esta linguaxe vibratoria e comprender mellor a arquitectura tridimensional dunha tea de araña, creouse un equipo multidisciplinar formado por enxeñeiros, compositores musicais e artistas visuais para dar forma ao proxecto Spider’s Canvas. Neste, cada paso de creación da rede é traducido en música, de forma que as notas cambian a medida que muda a estrutura da rede.

Publicidade

O proceso de composición

Para explorar a estrutura dunha tea, o equipo aloxou unha Cyrtophora citricola, araña de tea tropical, nun recinto cuadrangular e agardou ata que o espazo estivera totalmente ocupado polos fíos da rede. Logo, utilizaron un láser para iluminar e crear imaxes de alta definición de seccións transversais en 2D da estrutura.

Grazas a un algoritmo especializado, puideron reconstruír a arquitectura tridimenstional da rede a partir destas seccións transversais. Para converter todo en música, asignaron diferentes frecuencias de son a diferentes fíos, polo que as notas tocábanse en patróns baseados na estrutura da tea. Para isto, o equipo aplicou tamén diferentes frecuencias de son a varias lonxitudes diferentes de fibras de tea.

Publicidade

Alén da súa beleza e creatividade, ter un rexistro deste proceso paso a paso tamén significa unha maior comprensión sobre como as arañas constrúen unha rede 3D sen estruturas de soporte. Esta habilidade podería ser utilizada no eido da impresión 3D, por exemplo.

A investigación tamén permitiu que o equipo desenvolvera un algoritmo para identificar os tipos de vibracións dunha tea, traducíndoas a ‘presa atrapada’, ‘tea en construción’ ou ‘chegou outra araña con intencións amorosas’. Isto é a base para poder desenvolver un sistema para falar o mesmo idioma, cando menos, da araña de tea tropical.

Realidade virtual

O de converter a tea de araña en música non é novo, posto que o proxecto xa foi presentado no 2018 no Palacio de Tokio en París. Non obstante, agora o equipo vén de refinar este traballo, agregando unha compoñente interactiva a través da realidade virtual.

Isto permite que as persoas entren na rede e interactúen con ela, inclusive chegando a reproducir febras na tea. Para os investigadores, esa actividade permite que os oídos capten características estruturais que poden verse, pero que non son recoñecibles ao instante, facendo máis comprensible a contorna na que vive a araña.

De novo, esta aplicación máis recreativa tamén ten unha utilidade práctica, xa que o feito de poder interactuar permite comprender aos investigadores que sucede ao estirar unha febra, como cambia o ton e como afecta aos fíos do seu arredor.


ReferenciaImaging and analysis of a three-dimensional spider web architecture (Publicado en Journal of the Royal Society Interface)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha viaxe virtual polas grandes voces da lírica galega grazas á realidade aumentada

A USC e o CESGA crean unha exposición en homenaxea a destacadas cantantes galegas do século XIX e XX que se pode visitar dende a casa

Combinar exercicio e realidade virtual mellora os síntomas do párkinson

O proxecto ReViPark da UVigo avalía os efectos do exercicio feito con simulación en pacientes de párkinson

Pacientes de párkinson practican ciclismo e remo coa realidade virtual da UVigo

O proxecto do campus de Pontevedra pretende mellorar a integración dos doentes con exercicios curtos pero de alta intensidade que resulten motivadores

Un equipo da UVigo avalía o uso de realidade virtual en persoas con esclerose múltiple

O grupo HealthyFit trata de mellorar as capacidades funcionais dos pacientes a través do exercicio terapéutico e das novas tecnoloxías