Novos estudos expilcan algúns dos comportamentos dos cans.

Seis comportamentos dos cans que teñen explicación científica

Repasamos seis condutas dos nosos amigos de catro patas sobre as que se publicaron novos estudos

Os cans fan cousas que nos sorprenden. Semella que entenden algunhas palabras, bocexan cando nos o facemos e manteñen a súa ollada sobre nós de xeito desacougante. Pero todo isto ten unha explicación científica. Repasamos os últimos estudos publicados en grandes revistas que nos axudan a comprender o comportamento dos nosos amigos de catro patas.

Os cans asocian algunhas palabras ao momento do paseo.

-Por que o meu can reacciona cando digo a palabra “paseo”?

-Os cans, como os golfiños, os monos e os papagaios, poden aprender unha serie de comandos vocais ou palabras. Un can, un border collie chamado Chaser, aprendeu máis de 1.000! Os investigadores din que Chaser usou un proceso chamado ‘mapeo rápido‘, ou inferencia , que é bastante similar a como os nenos humanos aprenden destrezas da linguaxe.

Basicamente, implica adiviñar o significado dunha palabra baseada no obxecto que se usa xunto con ela. Por tanto, o can escoita “paseo” e logo ve que aparece a correa para saír á rúa. E pode inferir que a palabra “paseo” ten algo que ver coa acción de saír de casa.

-Por que o meu can bocexa cada vez que eu o fago?

-Do mesmo xeito que as persoas, os cans poden contaxiarse cos bocexos. Un estudo na revista Biology Letters di que este “contaxio emocional” é completamente normal. E ademais é un signo de empatía básica. Os científicos pensan que os cans tamén empatizan connosco doutros xeitos. Un estudo da Universidade de Helsinqui suxeriu que os cans poden sentir cando os seus donos están anoxados. E, ao longo dos séculos, evolucionaron para responder en consecuencia. Outro estudo atopou que os cans responden de xeito similar ás persoas cando escoitan o pranto dun bebé humano.

-Por que os cans afástanse de nós cando tentamos abrazalos?

Un psicólogo que estuda o comportamento canino atopou unha tendencia inquietante en 250 fotos de persoas que abrazaban cans: os cans non estaban ledos. Como sabemos? Segundo a investigadora de comportamento animal Julie Hecht, hai tres signos comúns de tensión nos cans: 1) Virar as súas cabezas lonxe do que lles molesta; 2) Amosar o branco dos seus ollos; 3) Baixar as súas orellas cara atrás. A maioría dos cans nestas fotos amosaba estes signos.

Aínda así, algúns cans poden tolerar un abrazo, especialmente se provén de alguén familiar. Noutras palabras, os cans teñen milleiros de xeitos de amosar afecto, pero os apreixos non forma parte deste catálogo.

Os cans manteñen a ollada sobre nós de xeito inquietante.

-Por que o meu can mantén un concurso de olladas comigo?

O tempo que un can mira ao seu dono pode revelar como entende as emocións. Un estudo atopou que unha ollada prolongada pode indicar que o  can está a procesar os sinais emocionais que percibe do ser humano. Con esas miradas longas, o can está a fitar para coñecer que emocións sente o seu dono nese intre.

-Por que o meu can non deixa de cheirar aos meus amigos?

Do mesmo xeito que outros animais, os cans obteñen unha morea de información sobre a súa contorna en función do que cheiran. Con todo, máis aló diso, algúns estudos suxiren que os cans realmente gozan do cheiro dos seres humanos aos ue recoñecen como os seus donos. Un estudo recente, por exemplo, atopou que cando os cans estaban expostos ao cheiro dunha persoa familiar, os seus cerebros interpretan ese cheiro como unha recompensa.

Para o estudo, os investigadores puxeron cans nun escáner cerebral e expuxéronos a cinco cheiros diferentes: eles mesmos, un humano familiar, un humano estraño, un can familiar e un can estraño. Cando os cans olfatearon o cheiro da persoa familiar, unha parte do seu cerebro relacionado co procesamento das recompensas mostrou unha maior actividade.

-Por que se agachan os cans detrás das pernas das persoas?

Se o teu can de súpeto sitúase detrás dunha das túas pernas, é probable que estea asustado. O comportamente é similar ao que faría un neno pequeno. A investigación condutual suxire que os cans son os únicos animais domesticados que interactúan cos seus humanos de xeito similar a como o fan os bebés humanos interactúan cos seus pais.

A diferenza dos gatos ou dos cabalos, os cans que están asustados ou preocupados correrán aos seus donos en busca de axuda, do mesmo xeito que o fai un neno. Pola contra, os gatos e os cabalos simplemente corren e agáchanse.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.