Unha boa nova: descuberta unha próspera poboación de osos polares

Unha boa nova sobre osos polares. O cal constitúe unha rareza nun tempo no que estes plantígrados se teñen convertido na principal imaxe para amosar a degradación do clima. Pero novos estudos suxiren que nalgunhas partes do Ártico, a situación dos osos polares non é tan grave como nos temíamos. De feito, os biólogos descubriron que unha poboación previamente non estudada de osos polares (Ursus maritimus) no mar de Chukchi, entre Alasca e Rusia, en realidade está a prosperar.

Con todo, antes de abrir a champaña, ten en conta que estes animais non están completamente libres de ameazas. “Este traballo representa unha década de investigación que nos dá unha primeira estimación da abundancia e o estado da subpoboación do mar de Chukchi”, dixo o biólogo Eric Regehr, do Centro de Ciencia Polar da Universidade de Washington.

Publicidade

“A perda de xeo mariño debido ao cambio climático segue sendo a principal ameaza para a especie, pero, como o demostra este estudo, existe unha variación en cando e onde aparecen os efectos da perda de xeo mariño. Algunhas subpoboacións xa están a diminuír mentres que outras seguen funcionando ben”, explicou o investigador.

Os osos polares son ameazados polo desxeo.
Os osos polares son ameazados polo desxeo.

“Entre 2008 e 2016, os osos Chukchi mantiveron unha poboación bastante saudable, aínda que, en comparación con hai 25 anos, dispoñían arredor dun mes menos de xeo mariño, o hábitat que prefiren os osos para a caza, a cría e a migración”, afirmou Regehr.

Publicidade

Neste tempo, os investigadores etiquetaron ao redor de 60 osos ao ano, algúns con dispositivos GPS. Segundo os datos máis recentes, a subpoación contaba con pouco menos de 3.000 individuos, con boas taxas de supervivencia reprodutiva e de cachorros.

Hai 19 subpoboacións de osos polares en todo o mundo. En xeral, os osos polares están oficialmente clasificados como vulnerables na Lista Vermella de Especies en Perigo da UICN , cun estimado de 26,000 individuos en todo o mundo.

Algunhas subpoboacións están a diminuír máis rápido que outras. Por exemplo, a subpoboación que pertence ao mar do sur de Beaufort, que vaga entre os Estados Unidos e Canadá, amosou evidencia de diminución nos últimos anos, atribuída á diminución do xeo mariño debido á degradación do clima.

A súa perda de hábitat levou a un movemento preocupante cara a áreas habitadas por humanos, e creou unha ameaza crible para a seguridade pública. Mentres tanto, o mar de Chukchi é abundante en vida silvestre, incluídas as focas, que son unha boa fonte de alimentación para os osos. Isto contrasta directamente, dixo Regehr, co mar do sur de Beaufort, onde o oso está en crise.

Unha investigación recente da NASA atopou que máis da metade do xeo mariño permanente do Ártico se perdeu desde 1958 . “Estes achados son boas noticias polo de agora, pero iso non significa que os osos no mar de Chukchi non se vexan afectados pola perda de xeo co tempo”, dixo Regehr . “Os osos polares necesitan xeo para cazar focas, e sabemos que o xeo diminuirá ata que se resolva o problema subxacente do cambio climático”.

Aquí podes ler o artigo científico

en Scientific Reports

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Manuel, Celso e Abel: os galegos que loitaron con EEUU na Segunda Guerra Mundial

O profesor da USC Javier Fernández Castroagudín participa en tres estudos que poñen o foco en emigrantes galegos que combateron no conflito internacional dende América

Nova polémica científica de Trump: vincula o autismo coa toma de paracetamol no embarazo

O Goberno estadounidense proporá, segundo o Washington Post, a leucovorina como posible cura a pesar do escepticismo da comunidade científica

A empresa galega Alén Space culmina con éxito o lanzamento do seu novo satélite dende California

O obxectivo do aparello creado en Nigrán é abrir unha nova era no sector marítimo e contribuír á súa dixitalización

Tres mortes por sarampelo en EEUU: causas e síntomas dunha doenza sen tratamento

O número de defuncións xa é igual ao total dos anteriores 24 anos e a cifra de contaxios é maior que en todo o 2024