Por que os cans inclinan a cabeza? Un estudo dá unha posible resposta

O trabllo atopa relación entre unha maior capacidade para procesar estímulos e recoñecer palabras e este acto característico das mascotas

Estás falando ao teu can ou cadela e, en resposta, inclina a cabeza cara a un lado ou o outro. Por que fan isto? Esta foi a pregunta que se fixo un equipo da universidade Eötvös Loránd de Budapest (Hungría), e a resposta aparece nun artigo que publican na revista Animal Cognition. Segundo expoñen, atoparon unha relación entre unha maior capacidade para procesar estímulos, como recoñecer o nome dos obxectos que se amosan, e o acto de inclinar a cabeza.

A partir de investigacións previas baseadas neste feito e do procesamento da fala humana nos cans, os autores do estudo presentaron a hipótese de que a inclinación da cabeza podería estar relacionada cunha maior atención, e explicarse por funcións mentais lateralizadas: varios animais, incluídos os humanos, presentan unha certa asimetría na forma na que se moven ou perciben a contorna, como por exemplo cando se procesa un son ou unha imaxe e se prioriza un ouvido e/ou un ollo ou o contrario.

Publicidade

No caso dos cans, estas asimetrías maniféstanse en comportamentos como o de mover a cola, usar as fosas nasais cando olfactean, ou mesmo cando escollen unha pata fronte á outra á hora de alcanzar determinados obxectos.

Para isto observouse durante meses a 40 cans de distintas razas, aos que se lles facían probas de recoñecemento de obxectos, e analizáronse as inclinacións da cabeza que se producían mentres escoitaban falar a humanos que lles solicitaban buscar un obxecto familiar para eles. Os datos recolléronse no marco do Genius Dog Challenge, unha serie de experimentos transmitidos en directo, algúns dos cales se fixeron virais, e noutro estudo previo destinado a pescudar o talento que posúen algúns cans para aprender o nome de diversos xoguetes.

Publicidade

Os resultados amosaron que só os cans que aprenderan o nome destes obxectos inclinaban habitualmente a cabeza. E ademais, a inclinación mantívose estable durante varios meses e con diversas probas. Isto bota luz sobre un comportamento habitual nos cánidos, que a veces se atribúe a incredulidade ou confusión, pero que en realidade se recoñecería como un sinal de concentración e atención.

“Inclinar a cabeza é outro movemento asimétrico nos cans, pero nunca se estudara. Investigamos a frecuencia e dirección deste comportamento en resposta a unha son verbal humano específico: cando o dono pide ao can que traia un xoguete e o nomea. Fixémolo despois de caer na conta de que isto acontecía decote cando os cans escoitaban aos donos”, explica Andrea Sommese, investigadora principal do estudo.

“Parece que existe unha relación entre o éxito na recuperación dun xoguete con nome e as frecuentes inclinacións de cabeza ao escoitar o seu nome. Por iso suxerimos unha asociación entre a inclinación da cabeza e o procesamento de estímulos relevantes e significativos”, aclara Shany Dror, coautora do estudo.

“É importante destacar que este estudo só investigou as inclinacións da cabeza durante unha interacción comunicativa moi específica entre o dono e o can: cando o dono lle pide ao can que busque un xoguete con nome. Por tanto, é importante absterse de pensar que só os cans dotados de aprendizaxe de palabras inclinan a cabeza noutras situacións non probadas neste estudo”, agrega Andrea Temesi, outra investigadora que traballa no proxecto.


ReferenciaAn exploratory analysis of head-tilting in dogs (Publicado en Animal Cognition).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Cando as mascotas devoran a biodiversidade: un conflito sen regular na Unión Europea

A falta de regulación na UE converte aos cans e gatos nunha ameaza para a fauna silvestre e a biodiversidade

Ter can durante a adolescencia favorece a saúde mental e a empatía

Un equipo do Xapón relaciona o efecto emocional con cambios no microbioma, que inflúen no comportamento e nas interaccións sociais

Da Lanzada a Barreiros: levar o teu can á praia pon en serio perigo as aves acuáticas

Un estudo da USC revela que o 98% das perturbacións ás especies costeiras foron provocadas por animais domésticos soltos
00:04:32

Os animais comen herba cando están enfermos?

Os cans son capaces de ter unha dieta case vexetariana, pero hai que ter coidado con certas plantas na casa que poidan ser tóxicas