Somos máis parvos que os nosos pais e nais?

O Efecto Flynn é o fenómeno polo cal as puntuacións das probas de cociente intelectual veñen medrando de xeito constante nas últimas xeracións. Debido a varias razóns, como a mellora das condicións sanitarias e alimentarias de gran parte da poboación mundial, as últimas xeracións foron máis listas que os seus devanceiros. Un incremento que estaba arredor dos tres puntos nestas probas de intelixencia. Pero algo está pasando. Estamos converténdonos en máis parvos?

Un estudo realizado por investigadores do Centro de Investigación Económica Ragnar Frisch, de Noruega, e publicado na revista Proceedings of the National Academy of Sciences (PNAS), expón que este crecemento estase a deter, e incluso podería haber retrocesos.

Publicidade

Analizáronse máis de 730.000 probas de intelixencia de persoas nacidas entre 1952 e 1991

Os investigadores estudaron arredor de 730.000 tests de intelixencia, e chegaron a conclusión de que despois de que os resultados destas probas acadaran o máximo nas persoas nacidas a mediados dos 70, os resultados están descendendo desde entón.

Os datos foron extraídos das probas realizadas a mozos e mozas norueguesas nacidos entre 1952 e 1991, no momento de someterse aos exames rutinarios para facer o servizo militar, cando tiñan entre 18 e 19 anos.

Publicidade

E os resultados demostran un cambio na tendencia do efecto Flynn a partir do ano 1975, de ata sete puntos menos por cada xeración. Uns datos que refrendan o que xa enunciara o propio investigador James Flynn, que deu nome ao efecto, en estudos realizados con mozos e mozas británicos, nas que tamén se detectara un descenso de puntuación.

O traballo realizado polos investigadores noruegueses sinala tamén que estas caídas acontecen mesmo nas propias familias, entre irmáns e fillos, o que quere dicir que o efecto non se debe a razóns demográficas, como se suxire desde algúns sectores; estes apuntaban que a disxenesia, é dicir, o efecto de que as mellores condicións de vida inflúen nunha “menor selección natural” e, polo tanto, no aumento de persoas con menores intelectuais.

Porén, a investigación apunta a que as razóns nos cambios do estilo de vida son os factores principais neste freo do efecto Flynn. O menor contacto e coñecemento do entorno, e os novos hábitos nos que os nenos e mozos pasan o tempo libre poderían influír de forma negativa na intelixencia.

Non se descarta, con todo, que os propios tests de intelixencia non se adaptaran o suficiente para cuantificar e medir as novas aptitudes de intelixencia derivadas dos cambios que experimentou a sociedade nos últimos decenios.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A recuperación de rexistros sonoros de 1910 saca á luz un estudo pioneiro en 11 linguas (incluída a galega)

A Biblioteca de Verín rescata do esquecemento a investigación do psicólogo, sociólogo e escritor Eloy Luis André na que estuda as curvas melódicas da fala

Do formigón de Ourense aos parques de Santiago: un estudo contrasta os dous modelos de zonas verdes

A cidade do sur galego é unha das tres con peor cobertura, con 4,6 metros cadrados por habitante, moi por debaixo da media de 14,15

Identificados novos factores xenéticos da fatiga persistente tras a radioterapia por cancro de próstata

Un estudo publicado en 'Nature Communications' e con participación galega descobre unha variante no xene ACTR3 asociada a un risco tres veces maior de desenvolver a sintomatoloxía despois do tratamento

GCiencia lanza a décima edición dos premios Galicia Spin-Off

Os galardóns recoñerán un ano máis a empresas innovadoras xurdidas das universidades e a un grupo de investigación