ToloCiencia

Descobren a molécula que regula a enchenta de larpeiradas

A orexina provoca que o cerebro sinta fame de doces, aínda despois dunha perfecta alimentación

O Home de Xeo lucía 'tatoos'

O de encherse o corpo de tatuaxes é algo máis que unha moda pasaxeira.  Un grupo científico de EURAC, , o centro de investigación...

As crenzas pseudocientíficas prexudican a saúde

Un estudo das universidades de Deusto e Nova Gales do Sur (Australia) explica claves psicolóxicas de confiar en falsos medicamentos

O crecepelo é posible

Científicos de Barcelona e de Washington atopan no sistema inmune un fármaco que podería eliminar a calvicie

Durmir a sesta consolida a aprendizaxe dos bebés

Un estudo alemán di que con media hora de sono fixan os recordos e desenvolven a súa memoria declarativa

Morren máis debuxos animados que personaxes reais

Un estudo do British Medical Journal conclúe que hai máis morte e violencia nas cintas de animación que nos filmes convencionais para adultos

O zume de laranxa é 10 veces máis antioxidante do que se pensaba

Un experimento atopa que son máis saudables e que teñen un alto índice de 'Trolox', un nome que soa mal pero senta ben

A domesticación do cabalo cambiou os seus xenes

Adaptaron a súa xenética para ser útiles ao ser humano, pero gañaron mutacións destrutoras que afectan á súa supervivencia

Os placebos son máis eficaces cando parecen caros

Enfermos de párkinson melloraron un 28% máis cando se lles dixo que un remedio custaba 1.300 euros que dicíndolles 90

Facer a cama é malo para a saúde

Científicos da Universidade de Kingston revelan que facer a cama multiplica a presenza de ácaros que provocan alerxias e asma

Traballar demasiado aumenta o risco de alcoholismo

Superar as 48 horas de traballo semanal non só é ilegal en Europa senón que ten graves consecuencias para a saúde

Tres minutos para o 'fin do mundo'

Desde 1984, o Reloxo do Apocalipsis, creado por científicos atómicos de Chicago, non estaba tan cerca do fin da Humanidade

Estamos a cambiar o cheiro das flores?

Un estudo revela que as flores cheiran aos fungos e bacterias que as recobren, polo que os fungicidas poden cambiar o aroma e a polinización

Os cans entenden formas da linguaxe humana

Un estudo demostra que diferencian palabras e entoación, unha habilidade evolutiva polo seu contacto ancestral co ser humano

Crean un programa invencible en póker

Os creadores de Cepheus, que aprende dos seus erros, din na revista Science que non pode ser vencido por ningún ser humano

Os humanos de Atapuerca comían gato e can

Atopan mordedelas humanas nos ósos de can, que foron descuartizados e fervidos como alimento en tempos de escaseza