Os pousos do café son 500 veces máis antioxidantes que a vitamina C

Os pousos do café teñen unha capacidade antioxidante moi elevada, ata 500 veces superior á que ofrece a vitamina C. Esta propiedade apoia a súa reutilización na elaboración de alimentos funcionais, beneficiosos para a saúde.
Nun traballo de investigación publicado na revista Food Science and Technology, científicos da Universidade de Granada (UGR) e do CSIC avaliaron as propiedades biolóxicas dos subdproductos derivados das empresas produtoras de café, como os pousos de café (PC) ou o coffee silverskin (CS), coñecido en español como ‘cascarilla‘.

Os pousos do café son tamén antimicrobianos.
Os pousos do café son tamén antimicrobianos.

O sector do café é unha peza clave dentro da economía mundial, tanto polo volume de produto vendido coma de beneficios económicos. As empresas produtoras de café xeran ao ano máis de 2.000 millóns de toneladas dos subprodutos sinalados. Estes produtos son moi ricos en fibra e compostos fenólicos, todos eles compostos beneficiosos para a saúde humana.
Non obstante, na actualidade todos estes subprodutos non se reutilizan na industria, e bótanse aos vertedoiros, onde desenvolven unha elevada actividade tóxica a nivel ambiental. Agora, o novo traballo centrouse en avaliar diversas propiedades biolóxicas dos devanditos subprodutos, de forma que se puidesen reutilizar para elaborar alimentos funcionais con propiedades beneficiosas para a saúde humana.

A ‘dixestión in vitro’ demostrou a actividade prebiótica dos pousos do café

Tras someter aos PC, CS e M a dixestión ‘ in vitro’ (dixestión que simula todo o proceso dixestivo humano), os investigadores avaliaron a súa actividade prebiótica (onde se determina se os compostos estudados son capaces de favorecer o crecemento de bacterias beneficiosas para o organismo humano como as Bifidobacterias ou os Lactobacilos).
Tamén a súa actividade antimicrobiana (onde se determina a súa capacidade para diminuír o crecemento de bacterias prexudiciais para os humanos en diversos alimentos) e a súa actividade antioxidante (onde se avalía a redución dos radicais oxidantes que se xeran no organismo, causantes do envellecemento ou patoloxías como a diabete ou o alzheimer).
Os investigadores demostraron así que tanto os pousos de café coma a ‘cascarilla‘ presentan unha elevada actividade prebiótica. Tamén mostran unha actividade antimicrobioana moi elevada, e tanto os PC, como o CS e as M mostraron unha actividade antioxidante moi alta, ata 500 veces superior á vitamina C.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A bacteria que me ensinou a vivir

Crónica en primeira persoa dunha supervivente de endocardite

Europa amplía o número de especies afectadas pola covid das plantas que ameaza Galicia

Un informe cifra en 728 os vexetais susceptibles á 'Xylella fastidiosa', unha bacteria que causa enfermidade grave e incluso a morte nalgúns cultivos clave para a economía comunitaria

Osteomielite pubiana: que é a doenza de Salvador Illa e o seu prognóstico

O presidente da Generalitat permanece hospitalizado a causa dunha inflamación do óso causado polo microbio 'Staphylococcus aureus'

A imparable expansión da covid das plantas: así se propagou ‘Xylella’ no norte de Portugal

A perigosa bacteria detectouse por primeira vez en Vila Nova de Gaia nunha planta de lavanda francesa en 2019