Osteomielite pubiana: que é a doenza de Salvador Illa e o seu prognóstico

O presidente da Generalitat permanece hospitalizado a causa dunha inflamación do óso causado polo microbio 'Staphylococcus aureus'

O que comezou como unha molestia mentres facía deporte o pasado sábado, rematou co presidente da Generalitat, Salvador Illa, no Hospital Vall d´Hebron de Barcelona. Tras o susto inicial dun cadro de dor agudo e perda de forza e mobilidade nas pernas, a súa doenza xa ten nome: os seus médicos sinalan cara a unha osteomelite pubiana.

Segundo investigadores do Servizo de Cirurxía e Traumatoloxía do Hospital Universitario Joan XXIII de Tarragona, trátase dunha inflamación e destrución do óso causada por bacterias, micobacterias ou fungos, sendo o causante máis frecuente o microbio Staphylococcus aureus. Con todo, explican que a variante pubiana é pouco frecuente. Así, non se debe de confundir coa osteite pubiana, unha inflamación común en deportistas, que ao contrario da osteomelite, non presenta infección.

Publicidade

Os médicos sinalan que Illa se atopa estable e con bo ánimo, aínda que estiman que permanecerá hospitalizado polo menos dúas semanas ata completar o tratamento antibiótico e realizar rehabilitación. Así, mentres suspende a súa axenda oficial, será o conselleiro de Presidencia, Albert Dalmau, quen asumirá as funcións do goberno catalán.

Como se contrae?

Os ósos poden infectarse por tres vías, segundo o Manual MSD: polo torrente sanguíneo, por unha invasión directa a través de feridas abertas ou procedementos cirúrxicos, ou por infeccións en estruturas próximas. Así, unha lesión continuada na zona, como pode acontecer ao correr, pode debilitar a área e facilitar que a bacteria se asente.

Publicidade

Como se trata?

Principalmente, ao producirse por unha bacteria, a solución adoita ser o antibiótico ou medicamentos antifúnxicos, como ocorre no caso de Salvador Illa. Adminístranse solucións eficaces contra o Staphylococcus aureus, e dependendo da gravidade da infección, pódense administrar por vía intravenosa durante entre catro e oito semanas. Se a doenza se mantén, pode prolongarse o tratamento a través da vía oral.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Estas son as 11 medidas e 3 recomendacións aprobadas por Sanidad

Peche de bares de copas e discotecas, prohibición de fumar en espazos públicos e restricións da vida social

O Goberno propón que toda Galicia pase á fase 1 da desescalada

O Ministerio de Sanidad revelou na tarde deste venres que rexións do territorio estatal darán un paso adiante unha vez superada a fase aguda da pandemia

Cumio en Santiago dunha nova estratexia para os antibióticos

A Universidade de Santiago acolle un encontro sobre 'Quorum Sensing', para cortar a comunicación entre microbios

Os pousos do café son 500 veces máis antioxidantes que a vitamina C

A industria cafeteira bota ao lixo 2.000 millóns de toneladas de subprodutos que poderían ser aproveitados para alimentación