Cumio en Santiago dunha nova estratexia para os antibióticos

Debido ao incremento alarmante da resistencia a antibióticos de numerosas bacterias patóxenas, a comunidade científica está centrando os seus esforzos na busca de estratexias alternativas a estes para o tratamento das enfermidades infecciosas bacterianas. A interceptación dos mecanismos de comunicación que desenvolveron as bacterias para atacar de forma coordinada, coñecidos como Quorum sensing ou detección de quorum, é unha das estratexias máis prometedoras e que esta semana é obxecto dun congreso que reunirá en Bioloxía os maiores expertos no eido mundial nesta nova táctica de loita antimicrobiana.

A Facultade de Bioloxía da USC acolle o simposium internacional.
A Facultade de Bioloxía da USC acolle o simposium internacional.

O I Internacional Symposium on Quorum Sensing Inhibition (ISQSI) contará coa participación de investigadores punteiros no desenvolvemento destes novos mecanismos antipatoxénicos como o profesor da Universidade de Nottihgham Paul Williams, especialista en Pseudomonas aeruginosa, que será quen inaugure o encontro cunha conferencia este mércores ás 15.30 horas. Destaca tamén a participación de M. Federle, da Universidade de Illinois, experto en antipatoxénese en Streptococcus e Staphylococcus.
Debido a que ademais de estaren relacionados coas infeccións bacterianas, os procesos de comunicación bacteriana interveñen noutros aspectos importantes como a formación de biopelículas ou a bioincrustación mariña (biofouling), que provoca importantes problemas nos sectores do transporte marítimo e a acuicultura, o venres 5 terá lugar unha reunión satélite sobre novas estratexias antifouling.
Nesta sesión participarán importantes investigadores de prestixio internacional como os profesores Grant Burguess, da Universidade de Newcastle, ou Clalire Hellio, da de Brest, representantes de catro proxectos europeos, e a directora da Unidade de Biocidas da Axencia Europea de Substancias Químicas (ECHA), Pilar Rodriguez, que foi alumna da USC.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A bacteria que me ensinou a vivir

Crónica en primeira persoa dunha supervivente de endocardite

Europa amplía o número de especies afectadas pola covid das plantas que ameaza Galicia

Un informe cifra en 728 os vexetais susceptibles á 'Xylella fastidiosa', unha bacteria que causa enfermidade grave e incluso a morte nalgúns cultivos clave para a economía comunitaria

Osteomielite pubiana: que é a doenza de Salvador Illa e o seu prognóstico

O presidente da Generalitat permanece hospitalizado a causa dunha inflamación do óso causado polo microbio 'Staphylococcus aureus'

A imparable expansión da covid das plantas: así se propagou ‘Xylella’ no norte de Portugal

A perigosa bacteria detectouse por primeira vez en Vila Nova de Gaia nunha planta de lavanda francesa en 2019