Os mellores memes do buraco negro M87

As redes amolan o seu enxeño para tratar con humor unha noticia que é un fito científico convertido nunha icona visual

A primeira imaxe dun buraco negro é un fito científico que tivo repercusión mundial. E a mellor proba disto no planeta Terra é que a foto se ten convertido nun fenómeno en redes sociais, espertando a imaxinación e o humor dos terrícolas. Por primeira vez, os humanos podemos ver este coloso supermasivo, co seu horizonte de sucesos. O que, para moitos, foi a mellor oportunidade para amolar a súa imaxinación e convertila en memes.

Houbo quen quixo comparar o buraco negro de M87 cunha cociña de vitrocerámica e tamén quen non puido evitar a comparación co famoso ‘ollo de Sauron‘, maligno protagonista da novela ‘O señor dos aneis’, de Tolkien.

Publicidade

Para moitos, a imaxe conseguida polo consorcio Event Horizon Telescope tiña máis que ver coa alimentación. E o donut ou a rosquilla foron os protagonistas de moitos memes, algúns deles relacionados con personaxes tan populares como Homer Simpson.

E, como non podía ser menos nas redes sociais, non podía faltar o gato…

Publicidade

Aínda que a nosa favorita está relacionada coa economía… e cos cartos que levamos na carteira…

E aquí podes ler a nosa reportaxe sobre as dimensións do buraco negro M87:

Así de enorme é o buraco negro M87

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman

Un congreso da UDC pon Galicia no mapa da física solar na semana da eclipse total

O astrofísico Martín Gómez Miguez explica como o valor do fenómeno cambiou co paso do tempo e a evolución das ferramentas de observación e medición.

Descuberto un sistema planetario ‘ao revés’ que desafía as teorías da formación astronómica

O achado dun mundo rochoso na periferia da estrela LHS 1903 suxire que os planetas tamén poden formarse de forma secuencial en contornas sen gas

A astrofísica Begoña Vila será doutora honoris causa da Universidade de Vigo

A enxeñeira principal de Sistemas no Centro Espacial Goddard da NASA converterase na 31ª persoa en recibir a máxima distinción académica da institución galega