Así de enorme é o buraco negro M87

A estas alturas, todos vimos a histórica foto do buraco negro supermasivo no centro da galaxia M87. É unha imaxe poderosa que nos fai sentir pequenos… aínda que non é doado apreciar a súa enormidade.

Para ter na nosa mente unha idea máis precisa do seu tamaño, hai que recorda que esta besta está a uns 55 millóns de anos luz de distancia, no fondo dunha galaxia cun radio de 60.000 anos luz. A nosa propia galaxia ten máis de 100.000 anos luz en comparación.

Publicidade

A masa do buraco negro supón multiplicar o Sol por 6.500 millóns

A masa do buraco negro supón multiplicar o noso Sol por 6.500 millóns. Para engadir dramatismo a este detalle, temos que pensar que toda esa mesa etá concentrada nun único punto, que tecnicamente, non ten dimensións espaciais. O resultado é unha atracción gravitatoria colosal, á que non poden escapar os fotóns e, polo tanto, a propia luz. Para ter a esperanza de escapar, ese fotón debería estar a uns 18.000 millóns de quilómetros do centro do buraco negro, o que supón aproximadamente 122 veces a distancia entre a Terra e o Sol.

A luz e a materia forman un anel mentres se precipitan sobre o buraco negro, ata alcanzar o seu horizonte de sucesos, o punto de non retorno. Mentres todo o conxunto xira a unha velocidade que se achega ao límite máximo de velocidade do Universo, arroxando radiación a medida que avanza.

Publicidade

Pero todos estes datos sobre esta foto colosal, tamén poden comprenderse ao comparar o buraco negor de M87 co noso Sistema Solar. O físico e historietista estadounidense Randall Munroe fixo o traballo e compara neste gráfico as dimensións do mostro. E, sen dúbida, fainos sentir moi pequenos…

Gráfico de Randall Munroe.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A UVigo participa no descubrimento dunha gran fusión que marcou a infancia da Vía Láctea

A investigación na que colabora o catedrático Fernando Aguado identifica os restos dunha galaxia anana absorbida hai uns 12.000 millóns de anos

Begoña Vila, a astrofísica galega que contemplou tres eclipses: “É una experiencia indescritible”

A enxeñeira da NASA presenta en Santiago a rodaxe dun documental sobre a súa traxectoria e que a seguirá ata o lanzamento do telescopio Nancy Grace Roman

Un congreso da UDC pon Galicia no mapa da física solar na semana da eclipse total

O astrofísico Martín Gómez Miguez explica como o valor do fenómeno cambiou co paso do tempo e a evolución das ferramentas de observación e medición.

Descuberto un sistema planetario ‘ao revés’ que desafía as teorías da formación astronómica

O achado dun mundo rochoso na periferia da estrela LHS 1903 suxire que os planetas tamén poden formarse de forma secuencial en contornas sen gas