Sábado 20 Abril 2024

🔴EN DIRECTO: Gran anuncio sobre os buracos negros

Varias roldas de prensa simultáneas arredor do planeta anuncian uns resultados sen precedentes na observación do Event Horizon Telescope

16.30: Aquí podes ler a información ampliada sobre a primeira imaxe da contorna dun buraco negro presentada este mércores.

A ciencia supera unha nova fronteira: a primeira imaxe dun buraco negro

15.25: Co gallo do anunciou deste gran achado, a revista The Astrophysical Journal Letters publicou unha edición especial con seis artigos que se poden consultar aquí:

Publicidade

15.14: A imaxe captada polo EHT amosa o buraco negro no centro de Messier 87, unha galaxia masiva situada no próximo cúmulo Virgo. A rexión escura central é a sombra do buraco negro, xa que non se pode captar en si, porque nin sequera a luz pode escapar a el.

Este buraco negro atópase a 55 millóns de anos luz da Terra e é 6.500 millóns de veces máis masivo ca o Sol. Os buracos negros son obxectos cósmicos extraordinarios, dunha enorme masa, pero extremadamente compactos.

15.07: Esta é a imaxe que fará historia; a primeira que demostra directamente a existencia dun buraco negro.

15.02: “Estamos a piques de ver a imaxe que un home, Albert Einstein, imaxinou hai 104 anos, en 1915”, avanza Carlos Moedas, comisario europeo de Ciencia e Innovación.

14.55: Comeza a rolda de prensa no CSIC en Madrid.

14.50: En menos de 10 minutos comezará a rolda de prensa simultánea desde Bruselas, Lyngby (Dinamarca), Santiago de Chile, Shangai, Taipei e Washington.

14.20: Os ‘ollos’ do Event Horizon Telescope non ven como o ollo humano. Os seus instrumentos non traballan no espectro de luz visible, senón que miden as ondas de radio que se emiten desde as partes do espazo ás que ‘enfocan’ os seus obxectivos.

13.55: Mentres agardamos polo anuncio, podedes coñecer algo máis sobre os buracos negros con este vídeo divulgativo de Javier Santaolalla:

13.50: Hai varias semanas, o Observatorio Europeo Austral (ESO, polas súas siglas en inglés) anunciou a data na que revelaría o achado “innovador” e “sen precedentes” sobre este asunto: este mércores 10 de abril.

Segundo informa o proxecto ESO, a rede EHT conseguiu en abril de 2017 obter os primeiros datos da observación do horizonte de sucesos. E despois de dous anos de análise e interpretación dos datos, o equipo xa prepara a publicación das primeiras imaxes.

A rede do Event Horizon Telescope, formada por varias estacións en Europa e América, está coordinada cunha precisión atómica para funcionar como un telescopio único e abranguer así un maior espazo para tomar datos:

Observar estes lugares é moi complicado: a curvatura do espacio-tempo arredor dun buraco negro é complicada de ‘traducir‘, e no caso de Saxitario A*, está envolto nunha espesa nube de po e gas.

13.40: Os buracos negros son invisibles porque absorben toda a radiación electromagnética, o que significa que ningún dos grandes telescopios (sexan no espectro visible, por raios X, infravermellos ou gamma, entre outros) pode detectalo. Non en tanto, os avances dos últimos anos fixeron posible achegarse cada vez máis ao entorno destas rexións do universo, que agochan algúns dos misterios sen resolver da Astrofísica. Este lugar ‘límite’ alén do cal xa non se pode ver nada máis, porque a gravidade atrapa incluso á luz, recibe o nome de “horizonte de sucesos“.

13.30: A partir das 15 horas deste mércores, varias roldas de prensa simultáneas desde distintos continentes realizarán un anuncio sen precedentes na astronomía e, en concreto, dos buracos negros. Aínda non se coñecen todos os detalles, pero a información facilitada ata agora apunta a que o Event Horizon Telescope (unha rede de telescopios espallados polo mundo que une forzas para tomar datos de Saxitario A*, o buraco negro supermasivo máis próximo á Terra, situado no centro da Vía Láctea), e a o centro da galaxia Messier 87, onde hai outro buraco negro supermasivo,conseguiu obter as primeiras imaxes da contorna destas rexións do universo, aínda descoñecidas en gran parte.

En castelán, estes agardados resultados sobre os buracos negros presentaranse desde Santiago de Chile, por parte de representantes do observatorio ALMA, e desde o CSIC, en Madrid, onde falarán os investigadores José Luis Gómez, Antxon Alberdi, Iván Martí, Miguel Sánchez e Rebecca Azulay.

 

 

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un xigantesco mapa 3D dá a medida máis precisa da expansión do universo

O instrumento DESI cartografa galaxias e cuásares e mide a velocidade de crecemento do cosmos hai entre 8.000 e 11.000 millóns de anos

Científicos galegos afondarán na conformación do Universo nun experimento con neutrinos

O IGFAE participará no deseño dun detector que interceptará feixes destas partículas para intentar explicar a asimetría entre materia a antimateria

LIA (2), pioneiros galegos no desenvolvemento da intelixencia artificial na astronomía

O grupo da UDC recibiu o Premio Spin-Off PuntoGal na edición 2023 pola súa traxectoria de éxito

Un novo exoplaneta desafía as teorías clásicas de formación planetaria

Un equipo de astronónomos descobre LHS 3154b, cunha masa similar a Neptuno, orbitando preto dunha estrela anana de moi baixa masa