Os científicos traballan demasiado e non desconectan en vacacións

Ahimsa Campos, autor do estudo, revisando papers durante un traslado nunha investigación.
Ahimsa Campos, autor do estudo, revisando papers durante un traslado nunha investigación.

Un estudo internacional analizou os hábitos de traballo dos biólogos e sinala que botan demasiadas horas e que continúan a súa xornada ata altas horas da noite e fins de semana. Os resultados da investigación foron publicados nun editorial da revista Biological Conservation.
A investigación foi desenvolvida polas universidades de Nottingham, Malasia, Boston e  Zúrich, que levaron a cabo un estudo que confirma a crenza común de que os científicos non descansan, que traballan ata altas horas da noite, non desconectan en vacacións nin en fins de semana, e deixan pouco tempo para a familia e asuntos persoais.

Gran número de científicos revisaba artigos a altas horas da madrugada

Os autores da investigación, foron publicados na revista Biological Conservation. E tamén quixeron coñecer as diferenzas nos hábitos de traballo de científicos de distintos países. Para iso, analizaron os datos de 10.000 presentacións manuscritas e case 15.000 revisións.
Segundo Ahimsa Campos-Arceiz, profesor asociado da escola de Xeografía da Universidade de Nottingham, o motivo do estudo tivo unha raíz persoal. “Fun á voda dun amigo en Bali e paseime a maior parte do tempo revisando orixinais fronte á praia en vez de nadando ou lendo unha novela. Decateime de que atopar tempo para facer estas revisións no traballo é case imposible, e que a meirande parte das veces fago esta tarefa no meu tempo libre, durante as vacacións e fins de semana”.
Laboratorio biotecnologia USC
O traballo dos científicos é intenso.

A presentación de artigos para a súa publicación en revistas especializadas e a consecuente revisión por pares son compoñentes esenciais do proceso científico. Este proceso faise on line, a   que rexistran a hora exacta na que os autores e os revisores están fronte ao ordenador enviando os seus arquivos. Campos-Arceiz e os seus colaboradores usaron esta información para internarse nos hábitos de traballo dos científicos que publican en Biological Conservation.
“Revisar o estudo doutro é un labor relativamente altruísta, xa que se fai normalmente de forma anónima e ten por obxectivo mellorar o traballo doutro científico para asegurarse de que se publican bos materiais. Se estas revisións se realizan no teu tempo libre, ese altruísmo aínda é maior, pero tamén nos preocupa que o estrés que todo iso poida levar consigo se traduza ao final nun traballo científico de menor calidade”, subliña o investigador.
Os resultados amosan que os científicos que utilizan o portal web da revista Biological Conservation fan unha cantidade substancial do seu traballo a altas horas da noite (un 16% dos manuscritos e o 12% das revisións), e que estas tarefas fóra de horario se incrementaron en torno a un 5% ou 6% en todo o mundo.
Nos Estados Unidos e Reino Unido é onde máis concilian ocio e traballo

Hai pautas xeográficas marcadas neste comportamento. Os científicos xaponeses, chineses e indios son os que traballan máis duramente e envían case o 40% dos seus manuscritos fóra do horario laboral, mentres que os investigadores de Bélxica, Noruega, Finlandia e Sudáfrica o fan nunha proporción do 16% ao 17%. Estadounidenses e británicos son os que menos se saen do seu horario e traballan de forma moderada durante fins de semana e noites, engade o artigo.
Os autores consideran que o continuo incremento na carga de traballo en institucións académicas, con cada vez maiores obrigas en ensino e tarefas administrativas, ten un efecto negativo na calidade do traballo científico. Tamén ten consecuencias no equilibrio vital dos investigadores, con efectos como o abandono da familia, os amigos, a falta de exercicio físico e de tempo de descanso.
Campos-Arceiz fai un chamamento ás institucións para que recorden que “a ciencia de calidade require tempo para ler e pensar e os científicos estresados tenden polo xeral a ser menos produtivos”. Ademais, recomenda que as revisións por pares sexan consideradas parte importante do traballo académico e valoradas cun índice para medir o rendemento.
“Ao final, este estudo serviu para reflexionar sobre o noso propio comportamento e prioridades. A próxima vez que vaia a Bali, vou pasar máis tempo nadando e falando coa miña esposa e menos revisando manuscritos”, conclúe o investigador.

Podes ler máis desta investigación
neste artigo de Science

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.