De Paidavella a Pernaviva: 40 lugares galegos con nomes ben curiosos

A dispersión da poboación en Galicia define moitos trazos da nosa cultura. 313 concellos,  3.792 parroquias e máis de 30.000 entidades de poboación (o 50% do total do Estado español) achegan unha riqueza enorme para a nosa toponimia. Un trazo da paisaxe, un acontecemento puntual, un elemento natural ou calquera outro feito dan nome aos milleiros de lugares que marcan a vida diaria dos galegos.

E a toponimia tamén deixa lugar para o humor. Por uns e outros motivos, e moitas veces polos prexuízos propios desta época, hai nomes de lugares en Galicia que non poden facer outra cousa que arrincarnos unha gargallada. A través dunha procura polo nomenclator da Xunta de Galicia, fixemos unha selección dos 40 topónimos máis curiosos do país:

Publicidade

– A Caracocha (Antas de Ulla) e As Caracochas (Ceboliño, Ourense).

– A Carracha (Sofán, Carballo).

Publicidade

– A Enfermería (Santa María, Meira).

– A Picha (Condes, Friol e Tardade, Vilalba).

– A Tola (Galegos, Navia de Suarna).

– Bichicán (Lanzós, Vilalba) e Bichicáns (Vincios, Gondomar).

– Cabrois (Paleo, Carral).

– Campo de Mamas (Belaz, Portomarín).

– Carantoña: (Tállara, Lousame; Miño; Nebra, Porto do Son; e Vimianzo).

– Exipto: (Abanqueiro, Boiro; e Cesullas, Cabana de Bergantiños).

– Fragarrara (O Burgo, Muras).

– Gatomorto (Xeve, Pontevedra).

– Lobamorta (Ourol) e Lobomorto (Arceo, Boimorto).

– Lume de Suso (Castro, Coristanco).

– Marrocos (Sismundi, Cariño).

– O Cochovello (Mera de Arriba, Ortigueira).

– O Cucurruxo (Valeixe, A Cañiza).

– O Mexadeiro (Devesos, Ortigueira).

– O Papamoscas (Santa Comba).

– O Pataqueiro (Ois, Coirós).

– O Pimento (Lourenzá; e Sobreda, O Saviñao).

– O Pirú (Cervás, Ares).

– O Puño (Cristiñade, Ponteareas).

– Os Rebeldes (Campaña, Valga).

– Paidavella (Roupar, Xermade).

– Pepe (Agar, A Estrada).

– Pepes (Castro, Carballedo).

– Pernaviva (Cereixo, A Estrada).

– Peropombo (Ozón, Muxía).

– Portugal (Oca, Coristanco).

– Portugalete (Castro, Carballedo; e Serres, Muros).

– Roma (Castromaior, Abadín; Piñor, Barbadás; e Santa Sía, Zas).

– Texexe (Calo, Teo).

– Vilapene (Chamoso, O Corgo).

– Viñogrande e Viñopequeno (Illobre, Vedra).

– Xixirín (Dodro, Arzúa).

– Xurarantes (Moraime, Muxía).

 

70 COMENTÁRIOS

  1. Hai dous lugares moi próximos que se chaman “Coitos” e “Barrigas” na parroquia de Ordes, municipio de Toques, A Coruña.

  2. En la carretera nacional hacia Santiago, a pocos kilometros de la ciudad hay un pueblo que se llama Susana.

  3. Formigueiro, na parroquia de Albixoi(Mesia). O igual que en Mesia existe outra aldea que tamen se chama a Picha
    No concello de Melide está Folladela, e no concello de Cesuras temos Borrifans.

  4. Ceilán, en Serra de Outes. Aínda que no seu PXOM aparece como Seilán, que será o seu topónimo oficial.

    [img]https://image.ibb.co/bWE36n/Ceil_n.png[/img]

  5. Leiraenfestas na estrada do Mesón do vento (Ordes) a Ledoño (Culleredo)
    Camposdealgas na mesma estrada

    • Concello de Irixoa. Parroquia de Mántaras, ten tres topónimos curiosos:
      TUMBADOIRO
      FOLLENTE (se ves dende Irixoa, primeiro pasas por Tumbadoiro, e logo chegas a Follente)
      PORTOGAIN (o mar está moi lonxe deste porto)

  6. Calvos e Barbudo. A ambas as beiras da presa de Eiras, entre os concellos de Fornelos de Montes e Pontecaldelas.

  7. Porráns (Barro, Pontevedra), Cabeza de Boi (Meis, Pontevedra), A Picaraña (Padrón, A Coruña), Porqueira (Ourense)

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía

Galicia, a segunda comunidade con maior taxa de mortes atribuíbles ao consumo de alcol

O último informe do ISCIII rexistra 40 casos por cada 100.000 habitantes entre 2010 e 2021, nun podio que lidera xunto a Asturias e Ceuta e Melilla