A ciencia calcula o lugar óptimo para colocar o teu router

Á espera da anunciada chegada do 5G, as conexións inalámbricas wifi seguen sendo a principal fonte de acceso a internet nas vivendas. Porén, ás veces os usuarios atópanse con problemas debido a que as ondas do router non chegan coa forza suficiente a outros lugares da casa. Así, ás veces a velocidade ralentízase ou, directamente, é preciso comprar repetidores para non ter problemas de acceso á rede.

Non, o mellor lugar non é o centro da vivenda. Fonte: James Cole.
Non, o mellor lugar non é o centro da vivenda. Fonte: James Cole.

Pero a ciencia tamén pode axudar nisto. Así o pensou James Cole, un físico e divulgador británico que desenvolveu unha fórmula para calcular o mellor lugar posible na vivenda no que colocar o router ou encamiñador, desde donde se emite o sinal wifi ao resto da casa.

Publicidade

A partir da ecuación de Hemholtz, moi usada nos cálculos de electromagnetismo, Cole fixo unha composición de lugar co plano da súa vivenda, asignando determinados valores de refracción das ondas ás paredes da estancia. Con este ‘mapa’ na man, desenvolveu un modelo no que é posible ver como se distribúen polo piso as ondas do ‘router’.

A primeira conclusión á que chegou era a máis lóxica: colocar o router xusto no centro da vivenda era o máis axeitado. Porén, isto non sempre é posible debido as instalacións eléctricas e telefónicas dalgunhas vivendas. Pero ademais, Cole chegou á conclusión de que había outro lugar máis efectivo, tendo en conta a capacidade de absorción das ondas que teñen compostos como o cemento, que modifican o espallamento das ondas. Así obtivo un novo modelo máis achegado á realidade da propagación do sinal wifi.

Publicidade

Así, por tanto, se o router se coloca nun lugar onde as ondas se atopen cos menores obstáculos posibles, o sinal será máis efectivo e chegará con máis forza a máis puntos da casa. Vese nun vídeo que publicou o propio James Cole.

Para axudar ás moitas persoas que se atopan con esta pequena dificultade, Cole mesmo desenvolveu unha ‘app‘, chamada WiFi Solver, que permite calcular como se espalla a sinal da conexión inalámbrica por cada fogar, dependendo da distribución das súas paredes, e aconsella cal sería o mellor lugar para colocar o router. Podes descargala nesta ligazón.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

España prohibirá o acceso a redes sociais a menores de 16 anos: “É absolutamente positivo e necesario”

O profesor de Psicoloxía da USC Antonio Rial cre que a medida é un "exercicio de responsabilidade" que precisa da implicación de familias e sistema educativo

Un equipo galego explora o potencial da IA para detectar síntomas de depresión en redes sociais

Un estudo do CiTIUS analiza automaticamente textos publicados en Internet para detectar patróns lingüísticos asociados á saúde mental

Que lle sucede ao noso cerebro cando vemos vídeos a velocidades máis rápidas do normal?

Reproducir contido a 1,5x ou 2x pode parecer eficiente, pero afecta á comprensión, a memoria e á maneira en que procesamos a información audiovisual

O 27% dos adolescentes galegos sufriu acoso a través das redes

O 15,8% dos mozos presentan síntomas de adicción ás novas tecnoloxías, segundo un estudo publicado pola Universidade de Vigo