Luns 9 Marzo 2026

A foto do cocido galego que Instagram “censurou” (pero Facebook non)

Un vigués denuncia a eliminación dunha foto por incumprir as normas de comunidade en Instagram, mentres que Facebook conserva a publicación

A noticia percorreu como o lume moitas pantallas desde primeira hora hora deste martes. Un usuario de Instagram (@richardbarreira) denunciaba que esta rede social eliminou unha imaxe dun cocido, tamén publicada en Facebook. Achegaba outra captura de pantalla na que, segundo a súa versión, a foto incumpría as normas de comunidade, acompañando a mensaxe co argumento de que non se aceptaban “certas cousas”, como “violencia gráfica”, “linguaxe que incita ao odio, acoso e bullying”, e “espidos e actividade sexual”.

É posible, como xa aconteceu noutras ocasións, que os sistemas de control cos que a rede social monitoriza as publicacións viran algo que activara as súas alarmas nos chourizos, os anacos de polo e lacón ou o codillo que aparecen na imaxe.

Publicidade

Instagram pide desculpas e recupera a foto “censurada” do cocido galego

Facebook mantivo a foto do cocido, ao contrario que Instagram.
Facebook mantivo a foto do cocido, ao contrario que Instagram.

Con todo, a publicación do mesmo usuario feita en Facebook pasou os filtros e seguía dispoñible na tarde deste martes. E iso que as normas desta última rede, ao contrario que Instagram, contempla a posibilidade de eliminar contido que amose “desmembramento”, “órganos internos visibles” ou “animais carbonizados ou queimándose”.

As polémicas sobre censuras e contidos controvertidos son constantes nestas dúas redes, ao contrario que Twitter, que é moito máis permisivo na publicación destas imaxes ou vídeos. Así, os sistemas de control revisáronse despois de que no pasado Facebook censurara obras de Rubens por aparecer mulleres espidas.

Publicidade

Ante isto, o propio usuario incluía a posibilidade de que algunha denuncia por contido pouco apropiado levase a Instagram a eliminar a imaxe do cocido.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Madre mía como está el patio, aunque parezca mentira, los censores de @instagram , me eliminaron la publicación de hoy por infringir sus normas comunitarias que incluyen (Adjunto pantallazo comunicado): -Violencia gráfica -Lenguaje que incita al acoso, violencia y bullying -Desnudos y actividad sexual… QUE SON FOTOS DE UN COCIDO!!! Entonces, o la unidad censora de @instagram está gobernada por un o una vegana que nada más ver las fotos del cocido de mi madre tuvo unas ganas enormes de masturbarse al ver tanta carne (Cosa prohibida para esos sectarios) o es un problema mental o simplemente es que son GILIPOLLAS y ya…falta circo para tanto payaso, esperemos que la @culturagalegaxunta @turismodegalicia @galicia_mola @galiciacalidade tomen medidas contra este atropello a nuestra cultura gastronómica! #censura #instagramcensura #instagramcensurafotosdecocido #cocidogallego #carnedeporco #terneragalega

Una publicación compartida de Richard Barreira Baños (@richardbarreira) el

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

GCiencia rompe a barreira dos 50.000 seguidores en Instagram e ingresa no top 5 dos medios galegos

O portal líder en divulgación consolídase como o primeiro nativo dixital en galego e suma xa unha comunidade global de máis de 160.000 persoas en todas as súas redes

España prohibirá o acceso a redes sociais a menores de 16 anos: “É absolutamente positivo e necesario”

O profesor de Psicoloxía da USC Antonio Rial cre que a medida é un "exercicio de responsabilidade" que precisa da implicación de familias e sistema educativo

Un de cada tres adolescentes recoñece violencia dixital na parella

Un novo informe codirixido pola USC advirte de que o 10% dos rapaces novos declara sufrir ciberacoso

Un investigador da UDC, premiado por aplicar IA na detección de depresión en redes sociais

A tese de Miguel Anxo Pérez Villa parte da evidencia de que as persoas que sofren problemas de saúde mental adoitan mostrar cambios na súa maneira de expresarse