Tres bocadillos elaborados do mesmo xeito, con cadansúa bolsa. Os dous primeiros están case que inmaculados, como se se acabaran de preparar. En cambio, o terceiro aparece invadido polo balor, como se levase semanas aí. Que aconteceu?
A fotografía que encabeza esta información forma parte do experimento que realizou unha profesora estadounidense, Donna Gil Allen, para concienciar aos seus estudantes da importancia de lavar as mans antes de comer ou manipular alimentos. Para facelo, preparou tres bocadillos e tres bolsas. Puxo unhas luvas, colleu o primeiro emparedado e gardouno na bolsa. Ese era a mostra de control. Coas mans limpas, colleu outro sándwich e meteuna no segundo recipiente. Por último, pediulles aos seus alumnos, sen lavar antes as mans, que se foran pasando o bocadillo uns aos outros.
fotonautas/o-que-esconde-a-man-dunha-nena/
En 2015, un experimento semellante foi premiado no concurso Fotciencia, que organizan a Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) e o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), coa colaboración da Fundación Jesús Serra. A imaxe titulada ‘Que esconde a man dun neno?’, realizada por Raúl Rivas e Lorena Celador, amosa a pegada dunha nena de seis anos que pousou a súa man sobre unha placa de Petri. Esta fotografía, tomada tras incubar a placa durante dous días, reflicte colonias de fermentos e unha gran diversidade de colonias de bacterias en distintas formas e tonalidades.