Venres 29 Marzo 2024

Estas son as 10 preguntas que demostran canto sabes de ciencias…

Estas dez preguntas serven para avaliar canto sabes de ciencias. Todos os anos, a Nationtal Sciencie Foundation dos Estados Unidos lanza un cuestionario. E recolle as respostas tamén noutros países para comparar o coñecemento científico da poboación.

Canadá (93% de acerto) ten os mellores resultados do mundo, seguida de Corea do Sur (87%), Unión Europea (86), Israel (86) e os Estados Unidos(85). Para acadar uns resultados medios europeos, deberías acertar todas as preguntas, agás unha ou, como moito, dúas.

Publicidade

As dez preguntas respóndense con “verdadeiro ou falso” ou con respostas tipo “A ou B”. Os resultados amósanse ao pé deste artigo. E as preguntas son estas:

1-Verdadeiro ou falso: O centro da Terra está moi quente.

2-Verdadeiro ou falso: Os continentes levan millóns de anos movéndose e seguen a moverse.

3-A ou B:
A. A Terra móvese ao redor do Sol.
B. O Sol móvese ao redor da Terra.

4-Verdadeiro ou falso: A radioactividade é de orixe humana.

5Verdadeiro ou falso: os electróns son máis pequenos que os átomos.

6-Verdadeiro ou falso: Os láseres son unha emisión de ondas de son.

7-Verdadeiro ou falso: O Universo iniciouse cunha gran explosión.

8-Verdadeiro ou falso: Un xene paterno é o que determina que o bebé sexa neno ou nena.

9-Verdadeiro ou falso: Os antibióticos matan virus e bacterias.

10-Verdadeiro ou falso: O humano moderno evolucionou dunha especie animal anterior.

Porcentaxe de acerto no test científico. Fonte: Science Direct.
Porcentaxe de acerto no test científico. Fonte: Science Direct.

Respostas: 1. Verdadeiro, 2. Verdadeiro, 3. A, 4. Falso, 5. Verdadeiro, 6. Falso, 7. Verdadeiro como teoría más aceptada, 8. Verdadeiro, 9. Falso, 10. Verdadeiro.

O artigo completo pode consultarse en Science Alert.

1 comentario

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Inmaculada Rodríguez: “Antes faciamos empresas de parafusos, agora de ciencia e tecnoloxía”

A directora xeral de Unirisco reclama dar o salto da investigación á empresa nas xornadas 'Investir en Ciencia si é rendible’, que organiza xunto a Noso Capital

Gciencia celebra o Día da Lingua Materna cun relatorio sobre a divulgación en galego

A xornalista Laura Filloy abordou a importancia de trasladar o coñecemento científico á sociedade nun acto celebrado no Campus de Lugo da USC

Galicia lidera o debate sobre a rendibilidade da ciencia da man de Unirisco

Universidades europeas e centros de investigación analizarán en Santiago o impacto das tecnoloxías disruptivas e a importancia de crear ecosistemas emprendedores

A credibilidade na ciencia é menor entre a mocidade que entre o público adulto

Só o 72,6% das persoas de entre 18 e 24 anos cre que as disciplinas científicas buscan a verdade, fronte ao 90,2% da poboación maior de 65 anos