Dúas razóns que fan que a xente vaia traballar estando enferma

Por que hai compañeiros que se presentan na oficina con gripe? Hai quen pensa que é un exercicio de responsabilidade, pero pode ser negativo tanto para a persoa como para a empresa. Segundo un traballo de investigadores de Reino Unido e Canadá, o chamado ‘presencialismo‘ ou ‘presentismo’ laboral xorde por dúas causas principais: un gran sentido do compromiso, ou altas doses de inseguridade.
Nunha oficina calquera, hai persoas realizando o seu traballo con normalidade, mentres outras están na casa enfermas. Logo, hai unha terceira categoría, a denominada ‘presentista’, que vai traballar sempre aínda que non se atope ben. Un estudo, publicado en Journal of Occupational Health Psychology, tenta agora desentrañar as razóns e presións que levan á xente a facer isto, xa que existen consecuencias  evidentes tanto para a saúde pública (especialmente durante períodos como a tempada de gripe) como para as empresas, que queren obter o máximo rendemento dos seus traballadores.
O estudo indica que hai dous tipos diferentes de empregados que van traballar a pesar de se atopar mal: por unha banda, os que se senten vulnerables porque a súa situación económica e profesional lles provoca tensión; e, por outro, aqueles a os que lles gusta moito o seu traballo e lles resulta difícil manterse afastados del.

O presentista dana a súa saúde e pode prexudicar á empresa contaxiando a outros

Co obxectivo de entender mellor o presentismo laboral, os investigadores Mariella Miraglia, da Universidade de East Anglia (Reino Unido) e Gary Johns, da Universidade de Concordia (Canadá), levaron a cabo un metaanálise de 61 estudos anteriores cun total de 175.960 participantes.
Entre outras cousas, detectaron severidade en empresas respecto das ausencias, aínda que estivesen xustificadas. Un dos achados principais da investigación é que este comportamento xorde moitas veces dun gran sentido de compromiso coa empresa, algo que motiva a dar ese esforzo extra que atenta contra a saúde. E contra os intereses da propia empresa, porque pode espallar a doenza a outros traballadores.
Nun estudo anterior, dirixido no Reino Unido por Katherine Ashby, para The Work Foundation, co patrocinio da aseguradora AXA, revelábase que ir traballar enfermo supón para a empresa unha perda 1,5 veces maior que o feito de que o empregado quede na casa recuperándose da súa doenza. Ashby aboga por combater o presentismo laboral, que se ten agudizado durante a crise económica: “en medio do clima económico actual, cunha alta inseguridade laboral, os empregados pensan moito antes de tomarse un tempo libre, mesmo se están enfermos, pero o presentismo laboral non é só un problema de saúde, senón que xenera perdas de produtividade”.
O traballo tamén sinala que os empregados que están nun ambiente laboral de apoio e con boa relación cos seus supervisores, non se senten presionados para ir ao traballo durante unha enfermidade. Ademais, están máis satisfeitos laboralmente e teñen mellor saúde. O cal podería ter unha consecuencia paradóxica: canto menos presiona a empresa con hostilidade contra as ausencias por enfermidade, menos traballadores enferman.

Publicidade

Máis información, no artigo publicado en
Journal of Occupational Health Psychology

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha terapia CAR-T salva por primeira vez unha nena cunha rara enfermidade autoinmune

O Hospital Universitario La Paz logrou tratar a unha rapaza con dermatomiosite anti-MD5, unha doenza cun índice de mortalidade de ata o 66%

Un cangrexo de mil caras chamado cancro

O médico grego Hipócrates ideou o termo 'karkinos', que fai referencia ao animal mariño, e da que deriva o nome da segunda causa de morte no mundo

Primeira morte humana por gripe aviaria en Estados Unidos: pode acontecer en Galicia?

A Xunta destaca que a situación no territorio galego é de "vixilancia e certa preocupación" pola incidencia do virus nas aves

Que é a “epidemia silenciosa” dos riles, a enfermidade que afecta a 4.000 galegos

A alta prevalencia da doenza renal crónica pode atribuírse á poboación envellecida e ao descoñecemento da doenza, que retrasa o diagnóstico