Con este mapa podes ver onde estaba a túa vila hai 750 millóns de anos

Panxea significa en grego ‘todas as terras’. E foi o nome que lle deu Alfred Wegener ao supercontinente que existiu durante o mesozoico, antes de que as placas tectónicas separasen os distintos continentes. Panxea estaba rodeada dun único océano: Pantalasa.

As terras actuais poden localizarse no vello continente de Panxea, que existía hai 300 millóns de anos ata que, hai 200 millóns, comezou a fracturarse.

Publicidade

A pesar da fragmentación do supercontinente, aínda podemos intuír como estaba composto Panxea fai millóns de anos. Todo iso grazas a unha ferramenta, dispoñible na internet, que nos permite descubrir onde estaba situada daquela a nosa vila ou a nosa cidade. Abonda con escribir o nome da nosa localidade no buscador e tamén ir cambiando a datación dende os 750 millóns de anos ata a actualidade.

Mapa politico de Panxea creado polo xeógrafo Massimo Petrobon.
Mapa politico de Panxea creado polo xeógrafo Massimo Petrobon.

Hai algúns territorios que aínda non emerxeran das profundidades, mentres outros xa mostraban unha silueta que lembra á actual. Esta ferramenta, desenvolvida pola base de datos sobre dinosauros máis importante, tamén permite descubrir outros datos como onde se produciu a primeira vida multicelular, os primeiros insectos ou os primeiros homínidos, entre outros.

Aquí podes consultar o mapa interactivo de Panxea

2 COMENTÁRIOS

  1. Só hai un pequeno problema para a Península Ibérica. Non foi consttituida polo ensamblaxe de outras unidades ata hai 300 millóns de anos. Eso quere decir que hai 750 millóns de anos non había lugar onde estivera a casa de ningúen. O mapa de Panxea de Massimo Petrobón eé totalmente falso. Marca os paises como son agora pero eso non é certo. A Contorna dos distintos continentes, países se foi deseñando ao longo dos tempos. Hai 750 millóns de anos esto non era así. Por non estar non estaba nen Panxea.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Fósiles atribuídos ao ‘Tyrannosaurus Rex’ son unha especie distinta de dinosauro

Unha nova análise dos restos do que se pensaba que eran xuvenís destes famosos réptiles resultaron ter mandíbulas máis pequenas e pernas e brazos máis grandes

Un grupo da UVigo confirma a exclusión dos saurópodos das zonas frías

Segundo o estudo, de participación internacional, estes dinosauros exhibían unha fisioloxía única cunha maior variación na temperatura interna

É este o dinosauro máis grande xamais atopado no planeta?

Un investigador sostén, á espera de que os resultados do seu estudo sexan revisados e publicados, que atopou un exemplar de case 40 metros de lonxitude

‘Oceanotitán’, o novo dinosauro atopado nunha praia de Portugal

Este saurópodo viviu hai uns 148 millóns de anos, tiña un longo colo e era herbívoro