Corenta anos de artefactos incendiarios grotescos

Unha ‘trama organizada’, un grupo ‘terrorista incendiario‘, accións ‘perfectamente coordinadas’… certo discurso sobre os causantes dos lumes non encaixan co miserable arsenal que se ten decomisado en Galicia nos últimos corenta anos. Facemos un repaso dos artefactos presentados pola Policía e a Garda Civil tras ser intervidos aos acusados de incendios. E o resultado vai dende os misteriosos paracaídas de 1977 ata os globos de feira atopados en Salceda de Caselas esta semana. A ‘mafia incendiaria’ emprega un arsenal que resulta demasiado pedestre…

Nigrán agosto 2016

O chisqueiro BIC do Real Madrid

En agosto do 2016, foi detido un veciño de Nigrán por provocar varios lumes no municipio e no limítrofe de Baiona. A Garda Civil divulgou esta foto, presentando o artefacto incendiario: un mechero marca BIC, de pequeno tamaño e co escudo do Real Madrid.

Publicidade

OURENSE SEPT 2016 l artilugio, según los datos facilitados desde Comisaría, consistía en un trapo enrollado con unos palitos que se van consumie

desarticulan

O ‘trapo incendiario con palitos’

Este artefacto incendiario foi descrito pola Policía como un ‘trapo incendiario cuns palitos que se van consumindo’. O 4 de setembro do 2016, funcionarios do Corpo Nacional de Policía en Ourense, interviron este trapo enrolado ao que lle prenderan lume. O fume alertou ás forzas de seguridade. Algúns medios titularon: “Desarticulan un artefacto incendiario…”

paracaidas

O paracaídas cunha vela de misa

En Rianxo, no verán do 2016, atoparon este paracaídas que levaba pendurada unha vela das empregadas nos cultos relixiosos. Días antes, en Salceda de Caselas, atopouse outro paracaídas, feito cun trozo de plástico e unhas cordas, do que penduraba un palo. Nas informacións oficiais, non se aclarou dende que aparato voador foron botados estes paracaídas.

Publicidade

lata Coruña

A ‘lata incendiaria’ da Coruña no 2014

O 7 de agosto do 2014, o Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil anunciaba o achado dun suposto artefacto para provocar lumes, que foi denominado na nota oficial como ‘lata incendiaria‘. Segundo as informacións de prensa, a lata desprendía ‘un forte cheiro a petróleo”. A investigación posterior, non logrou determinar se se trataba realmente dun artefacto para provocar incendios.

i LOVE GALICIA cERCEDA AGOSTO 2016

‘I love Galicia’

O 13 de agosto do 2016, era detida unha muller en Cerceda (A Coruña), como autora de varios incendios nos montes da súa vila. As informacións titulaban que lle fora intervido ‘un arsenal de chisqueiros’, entre os que se contaba un co rótulo ‘I love Galicia’.

la mecha con cerillas 2004

A mecha con mistos

O sistema da mecha con mistos é un dos máis habituais nos últimos anos. No ano 2004, a Garda Civil interviu en Ourense este artefacto incendiario, formado simplemente pola mecha dun chisqueiro e uns mistos atados na súa punta.fraga mafia bengalas

A ‘mafia pirotécnica das bengalas’

En 1991, Manuel Fraga pedía axuda ao Goberno para atallar a vaga de incendios en Galicia. E denunciaba a existencia dunha ‘mafia pirotécnica das bengalas‘, que supostamente empregaba bombas de palenque para prender lume ao monte, atando bengalas de minaría na súa punta. A Xunta aseguraba que esta mafia tamén empregaba avións ultralixeiros e mesmo escopetas, coas que disparaban as bengalas.

1977 prueba incendios

Paracaídas xa en 1977

Os paracaídas non son novos. De feito levan 40 anos aparecendo como presuntos responsables dos incendios forestais. Como vemos nesta nova do diario ABC datada en agosto de 1977, na que se conta como unha avioneta botou un paracaídas nun monte do municipio de Vedra.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Do Café Moderno de Pontevedra aos ‘Seis poemas galegos’: esta é a Galicia de Lorca

O poeta granadino visitou dúas veces a cidade, mantivo vínculos con destacados intelectuais e deixou unha fonda pegada na cultura, a paisaxe e a lingua

Un estudo arqueolóxico revela o papel esencial das mulleres na construción histórica do rural galego

A investigación pon de manifesto a importancia do traballo produtivo, doméstico e de coidados, así como o papel na transmisión de saberes

Unha investigación galega afonda no dó dos arroaces: que fan as nais cando morre unha cría?

Unha análise da CEMMA documenta os comportamentos das femias e identifica nos cachorros falecidos marcas asociadas ao seu acompañamento

Setembro pecha con sete mortes por afogamento en Galicia

É a cuarta comunidade autónoma con máis falecementos, só superada por Canarias, Cataluña e Andalucía