Como sería a superficie do océano se non houbese mareas nin vento? Descúbreo neste modelo da NASA

O xeoide é un plano irregular empregado para estudar altitudes, determinar medidas topográficas e analizar a xeofísica do planeta

A NASA (a Administración Nacional de Aeronáutica e o Espazo, polas súas siglas en inglés), vén de compartir unha representación interactiva do xeoide. Trátase unha superficie equipotencial que representa a forma teórica que adoptaría a superficie do océano global baixo a acción exclusiva do campo gravitatorio da Terra, prescindindo doutros factores externos. É dicir, o xeoide é un plano físico onde a gravidade ten o mesmo valor (potencial). Dende o Instituto Xeográfico Nacional de Arxentina precisan que a súa superficie é perpendicular ao vector de gravidade en todos os seus puntos.

O xeoide non é uniforme, senón que presenta unha aparencia irregular e ondulada debido a que a masa do planeta non está distribuída de maneira homoxénea. As variacións na mesma provocan diferenzas na forza gravitatoria que experimentan as distintas rexións. A NASA explica que estas diferenzas se presentan na altura xeoidal, que vai dos +85 metros en Islandia e os −106 metros no sur da India.

Publicidade

Un modelo baseado en mil millóns de observacións

Para estudar e visualizar estas desviacións con precisión, a NASA explica que empregan ferramentas como o modelo global de campo gravitatorio GOCO06s, que se basea de xeito íntegro en datos satelitais. Resulta dunha combinación de máis de mil millóns de observacións recollidas durante 15 anos por 19 satélites especializados, entre os que destacan o proxecto GRACE (Experimento de Recuperación da Gravidade e o Clima, polas súas siglas en inglés) da NASA e o GOCE (Explorador do Campo Gravitatorio e da Circulación Oceánica en Estado Estacionario) da Axencia Espacial Europea (ESA).

A representación visual destas anomalías gravitatorias, coñecida tamén como a ‘patata de Potsdam‘, adoita esaxerarse para facilitar a súa análise e non debe confundirse coa topografía física real do planeta. Entre os seus usos académicos están a investigación de fenómenos vencellados ao cambio climático —tales como a circulación oceánica, a dinámica do xeo polar e as flutuacións do nivel do mar— o estudo de altitudes, a precisión de medidas topográficas e a análise xeofísica do planeta.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Como viviron os astronautas de Artemis II? A NASA revela centos de imaxes e audios inéditos

Trátase do primeiro conxunto de información planetaria recompilada principalmente por seres humanos en máis de medio século

Queres ter un anaco do cosmos? A NASA permite adoptar un píxel do Grace Roman

A iniciativa permite obter unha pequena parte das primeiras imaxes do observatorio espacial, que ten un campo de visión cen veces maior ca o do telescopio Hubble

30 segundos de incerteza marcan o novo fito da NASA: así foi o lanzamento do telescopio Grace Roman

O último observatorio da axencia espacial estadounidense xa saíu da atmosfera terrestre e agárdase que produza as primeiras imaxes a principios de 2027

Begoña Vila, ante o lanzamento do telescopio Grace Roman: “Só teremos 30 segundos”

A astrofísica da NASA asegura que o novo observatorio producirá en cinco meses a mesma cantidade de datos que enviou Hubble nos 36 anos que leva operativo