Xoves 25 Abril 2024

Chegar a presidente acurta a vida case tres anos

Chegar a presidente do Goberno acurta a vida. Todos temos a impresión de que os políticos con altas responsabilidades envellecen rápidamente. Agora podemos ter a certeza.
Un estudo publicado hoxe polo prestixioso British Medical Journal analizou a pugna política en 17 países desde 1722 ata 2015. O traballo compara a idade á que morreron 279 políticos que gañaron as eleccións coa de 261 rivais derrotados que nunca gobernaron. Os resultados apuntan a un incremento da mortalidade entre os triunfadores do 23%, o que se traduce en 2,7 anos menos de vida que os seus opoñentes.
“Os xefes de Goberno teñen unha mortalidade máis acelerada comparados cos seus rivais, o que suxire que os presidentes envellecen máis rápido”, di o investigador principal, Anupam Jena, da Universidade de Harvard.

British Medical Journal publica estudos serios pero curiosos para rematar o ano

O estudo publicouse na edición especial de British Medical Journal de decembro, onde sempre inclúen novas con curiosidades. Sendo unha revista de gran seriedade durante todo o ano, no último mes fan un chisco aos seus lectores, publicando estudos serios, que pasan os controis de revisión por pares, pero que teñen algún compoñente divertido.
Outro estudo deste número de BMJ contrasta co dos presidentes. Porque semella que ser parlamentario proporciona boa e longa vida. Neste caso analizaron a case 5.000 membros do parlamento e a Cámara dos Lores de Reino Unido entre 1945 e 2011. As conclusións amosan que a taxa de mortalidade entre os parlamentarios é un 28% menor que a do resto da poboación e a dos lores, un 37% menor. O título do estudo fala con claridade dos ‘privilexios dos parlamentarios‘.
Así que, para ter unha vida longa e sana, o mellor é saír elixido nas vindeiras eleccións xerais en España. Pero non é recomendable chegar a presidente.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Ferrol e Ourense, as cidades máis envellecidas de Galicia

A idade media do galego é de 48 anos, e por cada 100 persoas menores de 20 hai aproximadamente 168 de máis de 65

Antonio López encara o seu segundo mandato na USC tras ser reelexido reitor

O catedrático de Dereito Financeiro e Tributario, único candidato nos comicios, obtivo un total de 1.636 votos

A Covid-19 causou a maior caída na esperanza de vida desde a Segunda Guerra Mundial

Un estudo da Universidade de Oxford sitúa a España entre os países nos que o indicador retrocedeu máis dun ano tanto en homes como en mulleres

Máis de 20,5 millóns de anos de vida: o custo directo da pandemia

Unha investigación calcula en 81 países os anos que deixaron de vivir as persoas falecidas por mor da Covid-19