Os cans recoñecen preto de 100 palabras ou frases da linguaxe humana

Un estudo analiza como reaccionan as mascotas ás ordes ou mensaxes que lles transmiten os donos en función de diversos indicadores

Como chegaron os cans a poder procesar tantas ordes cando lles falamos? “Senta”, “Salta”, “Déitate”, e obedecen. Comprenden pero, pola contra, non poden comunicarse do mesmo xeito. Pois ben, un novo estudo afondou en como os cánidos poden interpretar e responder unha media de 89 palabras ou frases emitidas na linguaxe humana. Case a metade deles son comandos para facer unha determinada acción, pero tamén poden comprender outros vocábulos.

No caso dos cans máis ‘eruditos’, estes chegaban a responder a máis de 200 palabras específicas, o equivalente a un neno de dous anos, o que suxire que teñen certo nivel de comprensión da linguaxe.

Publicidade

Os achados baséanse nunha lista de verificación de vocabulario usada polos proxenitores para avaliar o vocabulario dun bebé humano. Porén, neste caso usouse con 165 donos de cans de diversas razas, cada un deles cunha determinada característica de idade ou situación socioeconómica. Os datos revelan que o tipo de raza e a contorna teñen unha certa influencia no tamaño do vocabulario, aínda que a súa idade e as cualidades do dono non parecían influír nel.

Os estudos realizados no pasado demostraron como os cans poden aprender unha cantidade incrible de palabras humanas ao someterse a un adestramento intenso. En 2004, por exemplo, os investigadores informaron sobre un border collie chamado Rico que aprendera a recuperar máis de 200 obxectos, como bonechos de peluche ou pelotas, apenas con escoitar os nomes.

Publicidade

En 2011, despois de tres anos adestrando, outro border collie adquiriu un vocabulario de xoguetes de máis de 1.000 palabras. Algúns cans especialmente intelixentes poden incluso aprender novas palabras despois de escoitalas apenas unhas poucas veces.

Mais que acontece no caso dos cans que se poderían considerar nun ‘promedio’? A través dunha enquisa en liña, os autores do estudo actual fixeron que os donos dos cans informaran como respondía a súa mascota a 172 palabras e frases.

A priori, advirten os autores, é probable que os donos poidan sobrestimar a capacidade de comprensión da mascota. Pero traballos previos sobre vocabulario específico en bebés demostraran que os proxenitores son mellores para comprender aos seus fillos ca un observador capacitado. E isto, por tanto, podería aplicarse tamén ás mascotas.

Ademais, ao darlles atención aos donos dos cans dunha lista fixa de palabras para traballar, este método asegura que o dono dunha mascota non se olvide de probar algunhas palabras, como podería suceder en estudos previos sobre vocabulario canino que deran como resultado un léxico ata tres veces menor.

Por tanto, pediuse aos donos dos cans na enquisa actual que cualificaran a resposta a certas palabras e frases nunha escala de 0 a 5. O ‘cero’ representaba as ocasións nas que os cans non respondían nunca de forma específica a unha palabra ou frase, mentres que o ‘cinco’ indicaba cando o can o facía decote, mesmo pronunciando as palabras en diferentes lugares, tons e por parte de distintas persoas.

En total, había ata 10 palabras ou frases recoñecidas especificamente por máis do 90% de todos os cans, como “senta”, “ven”, “bo rapaz/boa rapaza”, “abaixo”, “de pé”, “espera”, “non”, “de acordo” ou “déixao”.

Porén, moi poucos cans podían responder de forma consistente a frases e palabras como “limpa as patas”, “susurro”, “forte”, “corno” ou aos nomes das persoas que os paseaban, a gardería ou o perruqueiro de cans ou a canceira. No caso dos cans adestrados profesionalmente, engadíronse outros termos específicos, e demostrouse con eles que o seu vocabulario era 1,5 veces maior.

Os autores advirten, con todo, das limitacións do estudo, xa que existe a posibilidade de que os cans da enquisa estiveran incorporando xestos humanos e outra información contextual na súa comprensión de certas palabras que axudaban a aumentar o vocabulario. Avanzan que, con mostraxes máis grandes, a ferramenta podería algún día permitirnos identificar as palabras con máis probabilidades de seren respondidas polos cans.


Referencia: Responses to spoken words by domestic dogs: A new instrument for use with dog owners (Publicado en Applied Animal Behaviour Science).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O can de palleiro: a raza galega que busca ser excepción na Lei de Benestar Animal

A normativa prohíbe a cría a particulares, o que exclúe ás asociacións que traballan sin ánimo de lucro para dar continuidade ás especies autóctonas

Remata a tempada de caza, comeza a do abandono de cans

O informe 2022 da Fundación Affnity cifra en case 22.000 o número de animais usados para fins cinexéticos abandonados en España

Unha campaña do hospital Rof Codina reduce ata un 2% o peso de mascotas obesas

Os investigadores da USC confirman que nos últimos dous meses xa participaron na iniciativa medio cento de cans e gatos

O achado do óso dun can proba que a especie foi domesticada hai máis de 17.000 anos

Investigadores da Universidade do País Vasco identificaron un úmero canino prehistórico na cova de Erralla que se corresponde cun exemplar de hai 17.000 anos
93040