Os cans son capaces de diferenciar as linguas coñecidas das descoñecidas

Un estudo demostra que son os primeiros animais, e ata agora os únicos, capaces de diferenciar entre linguas

Un estudo revela como reacciona o cerebro dos cans ante os distintos idiomas. E os resultados son sorprendentes: os seus cerebros poden distinguir entre as linguas coñecidas e as descoñecidas, o que os converte nos primeiros animais non humanos coñecidos, e ata o de agora os únicos, capaces de diferenciar as linguas humanas.

O novo estudo, que se publico na revista NeuroImage, foi concibido pola autora principal, Laura Cuaya, neurobióloga da Universidade Eötvös Loránd de Hungría, que recentemente se mudou de México a Budapest xunto ao seu can Kun-kun. Ante este cambio cultural, a autora preguntouse se o seu can podería notar a diferenza lingüística dun país ao outro.

Publicidade

Para descubrilo, Cuaya e o seu equipo adestraron a 18 cans, incluído Kun-kun, para que permanecesen inmóbiles nunha máquina de resonancia magnética para así poder escanear os seus cerebros. Mentres os cans eran escaneados, os investigadores puxéronlles tres gravacións diferentes: unha lectura en español do famoso libro infantil O Principiño; unha lectura en húngaro do mesmo libro; e unha serie de ruídos humanos que non se parecían en absoluto á fala.

O experimento

Todos os cans estiveran expostos a un só dos dous idiomas, é dicir, un éralles familiar e o outro non. Os escáneres cerebrais indicaron que os cans non só eran capaces de distinguir claramente entre o fala e a non fala, senón que tamén reaccionaban de forma diferente ante as linguas coñecidas e as descoñecidas, segundo un comunicado dos investigadores.

Publicidade

Os investigadores sospeitan que o córtex auditivo primario e o córtex auditivo secundario do cerebro dos cans permiten aos cans procesar a fala en dous pasos, o que se coñece como “procesamento xerárquico“, dixo Cuaya. “O córtex auditivo primario detecta se un son é, ou non, fala”, explica. “Logo, a corteza auditiva secundaria diferenza entre unha linguaxe familiar e unha descoñecida”.

Durante os experimentos, descubriuse que os cans de máis idade mostraban máis actividade no córtex auditivo secundario do cerebro, o que suxire que eran mellores para diferenciar os idiomas familiares e os non familiares que os cans máis novos.
“Creo que a razón principal é a cantidade de exposición ao idioma“, dixo Cuaya. Os cans maiores tiveron máis oportunidades de escoitar os humanos mentres falan.

Son os cans os únicos en notar a diferenza?

Os investigadores sospeitan que os cans non son os únicos animais capaces de diferenciar os idiomas humanos.”O cerebro é extremadamente bo para captar patróns, e cada idioma ten unha serie de sons e patróns que os fan diferentes entre si”, dixo Cuaya. Tras un certo adestramento, o cerebro de moitos animais debería ser capaz de recoñecer estes patróns.

Con todo, o que fai únicos aos cans é que non necesitan ser adestrados para distinguir entre as linguas humanas

“Os seus cerebros detectan a diferenza de forma espontánea, talvez debido ao proceso de domesticación“, dixo Cuaya. Aínda que é posible que moitas especies poidan distinguir entre as linguas humanas, os cans son das poucas que se interesan por oírnos. “A miña experiencia cos cans demostroume que están constantemente atentos ao seu mundo social e a todo o que ocorre ao seu ao redor”, polo que seguramente saiban máis de nós do que nos imaxinamos.


Referencia: Speech naturalness detection and language representation in the dog brain. (Publicado en NeuroImage).

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O valor da amabilidade ou por que os lobos teñen problemas de extinción e os cans, non

A prosociabilidade evolutiva decisiva para cans e humanos. Por Jonathan Benito Sipos

O alzhéimer canino existe: a galega que analiza cerebros de cans para anticipar o diagnóstico

A investigadora Belén Larrán estuda unha doenza que causa desorientación e ansiedade, e afecta máis da metade dos individuos maiores de 15 anos

Poderán os cans falar algún día? A investigadora galega que busca a resposta

Dende o equipo BARKS da Universidade Eötvös Loránd de Hungría, Paula Pérez analiza as habilidades sociais e vocais que aproximan as nosas mascotas á linguaxe humana

Como sobreviven os cans á calor extrema do verán?

Un experto explica como os cans e os seus donos poden evitar golpes de calor estivais e protexer o seu benestar