Calculan por primeira vez cantas aves silvestres hai no mundo

Unha investigación pioneira publicada na revista PNAS estima por primeria vez a poboación mundial de aves con resultados abraiantes

Algunhas especies de aves silvestres abundan por millóns fronte a outras moi minoritarias.

Non é doado estimar cantas aves silvestres existen agora mesmo no planeta Terra. De feito, todos podemos facer un cálculo, pero é moi probable que esteamos trabucados. Se tes unha cifra na túa cabeza, xa podes comparala coa realidade. Listo? Pois o reconto oficial é de aproximadamente 50 mil millóns, máis de seis veces máis que os humanos no noso planeta. A estimación recolle 9.700 especies de aves (o 92 por cento das que viven hoxe), dende a avoceta ata o pinzón cebra, e baséase en máis de mil millóns de avistamentos rexistrados no portal de ciencia cidadá eBird .

Eses datos combináronse con estudos de casos reais e un algoritmo de escala para estimar a cantidade de aves no planeta no seu conxunto, con concesións para as especies que teñen máis probabilidades de ser detectadas que outras.

“Os seres humanos dedicamos un grande esforzo ao contar aos membros de nosa propia especie, os 7.800 millóns de nós”, di o ecoloxista Will Cornwell , da Universidade de Nova Gales do Sur (UNSW) en Sydney, Australia. “Este é o primeiro esforzo integral para contar un conxunto doutras especies”.

Algunhas especies, como o paspallás de peito negro, só teñen arredor de 100 aves. Para outras especies, como o lorí arco da vella , as cifras son de moitos millóns. Catro especies estaban no ‘club dos mil millóns’: o pardal común, o estorniño europeo , a gaivota de pico anillado e a andoriña común.

Que só unas poucas especies dominen as poboacións de aves é sorprendente, din os investigadores. Os estudos futuros poderían analizar algunhas das posibles razóns polas que este tipo de aves evolucionaron para ser tan dominantes. Doutra banda, arredor do 12 por cento das especies de aves teñen poboacións globais estimadas en menos de 5.000.

Este tipo de estudo non sería posible sen os datos de ciencia cidadá recompilados a través de Internet, recoñecen os investigadores. Os datos duns 600.000 contribuíntes a eBird foron utilizados no decurso da investigación, e os científicos están a animar a máis persoas a participar no rexistro dos seus avistamentos de aves.

“Aínda que este estudo se centra nas aves, o noso enfoque de integración de datos a grande escala podería actuar como un modelo para calcular as abundancias específicas de especies para outros grupos de animais”, di o biólogo Corey Callaghan, do Centro Alemán para a Investigación Integrativa da Biodiversidade (iDiv).

Os investigadores sinalan no seu artigo que existe un alto nivel de incerteza nas súas cifras. O número de 50 mil millóns é en realidade a media media das estimacións xeradas polo estudo, cun media media de 428 mil millóns. Para axudar a obter un reconto de aves aínda máis preciso, os científicos esperan repetir a investigación cada poucos anos. Iso debería amosar o cambio de poboación co tempo e será importante por outra razón: a conservación. “O noso enfoque permite que estes datos sexan cuantificados doadamente, proporcionando estimacións globais por clado taxonómico”, escriben os investigadores .

Repetir o estudo con regularidade permitirá aos expertos ver como lles está indo a especies específicas ao longo do tempo. Aínda que a observación de aves é un pasatempo popular en países como os Estados Unidos e o Reino Unido, noutros países non existe esta tradición.

Aquí podes consultar o artigo publicado na revista PNAS

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
POLÍTICA DE COMENTARIOS:

GCiencia non publicará comentarios ofensivos, que non sexan respectuosos ou que conteñan expresións discriminatorias, difamatorias ou contrarias á lexislación vixente.

GCiencia no publicará comentarios ofensivos, que no sean respetuosos o que contentan expresiones discriminatorias, difamatorias o contrarias a la ley existente.

Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.