Quen (ou que) fixo un burato na Estación Espacial Internacional?

Un pequeno burato preocupa desde hai días a varias axencias espaciais. O pasado 30 de agosto, o blog da NASA que informa sobre a Estación Espacial Internacional daba conta dun incidente acontecido no complexo o día anterior, o 29. Desde Houston e Moscú, os controladores atoparon signos dunha mínima fuga de presión nalgún lugar do complexo.

Last night, flight controllers in Houston and Moscow detected a minute pressure leak on station. The crew is in no danger and is actively working troubleshooting procedures. More: https://t.co/TGB4BGi4oZ

Publicidade


Nese momento, os tripulantes estaban durmindo, polo que desde terra decidiron agardar a que espertasen, xa que non se atopaban en perigo. Porén, ao espertar, os seis astronautas puxéronse a traballar en colaboración cos controladores para buscar onde estaba a fuga, e atoparon que se localizaba no sector ruso. Activáronse entón os protocolos previstos para estas situacións.

E atoparon que o problema debíase a un pequeno furado na superficie da Soyuz, que provocou unha pequena perda de presión no interior. A situación quedou solucionada ao illar a fuga, de dous milímetros de diámetro. O astronauta ruso Sergey Prokopyev enviou un vídeo, que foi publicado nas redes sociais, no que explica como taponou o burato.

Publicidade

Unha vez solucionado o problema, o traballo encamíñase a atopar a causa pola que se produciu o furado, ademais de comprobar outras posibles fugas, por agora descartadas. Roscosmos, a axencia espacial rusa, xa iniciou unha investigación para esclarecer o acontecido. Agárdase que as conclusións se publiquen nos vindeiros días. Fálase, entre outras hipóteses, do impacto dun pequeno meteorito.

Rumores

Porén, o feito non estivo exento de rumores e polémica. Segundo recolleu The Guardian, o director de Roscosmos, Dmitry Rogozin, afirmou que o burato “puido facerse deliberadamente, na Terra ou xa en órbita”. Engadiu que “hai varias marcas de taladro“, e preguntouse: “Isto que é? Un defecto de fabricación ou unha acción premeditada?”.

Ademais, segundo recolle o mesmo xornal británico, a NASA fixo aumentar a incerteza ao publicar fotos do burato, que pouco despois borrou sen explicacións.

No seu vídeo, con todo, o astronauta Prokopyev quixo tamén enviar unha mensaxe de tranquilidade ante os rumores: “Como poden ben, todo está ben e en calma, coma sempre”.

Na actualidade, está a bordo a Expedición 56 da Estación Espacial, composta por seis tripulantes: Drew Feustel, Ricky Arnold e Serena Auñón-Chancellor, da NASA, Alexander Gerst da ESA, e  Oleg Artemyev e Sergey Prokopyev de Roscosmos.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Alén Space lidera un proxecto europeo para detectar interferencias de radiofrecuencia dende o espazo

A empresa galega coordina a iniciativa financiada pola Axencia Espacial Europea que terá unha duración de 24 meses

Así se ve a Terra en tempo real e en 4K dende a Estación Espacial Internacional

A plataforma SatélitesArg reúne emisións da NASA e da empresa británica SEN para mostrar paisaxes do planeta a 400 quilómetros de altitude

Así capta unha fotografía astronáutica a iluminación nocturna de Galicia

Este mosaico constitúe a primeira representación en cor da noite europea, elaborado con máis de 7.000 imaxes tomadas dende a Estación Espacial Internacional

Manuel, Celso e Abel: os galegos que loitaron con EEUU na Segunda Guerra Mundial

O profesor da USC Javier Fernández Castroagudín participa en tres estudos que poñen o foco en emigrantes galegos que combateron no conflito internacional dende América