A borrasca Ciara leva un avión de Nova York a Londres en menos de 5 horas

Centos de aeronaves aproveitaron as condicións xeradas polo temporal para impulsarse a través do Atlántico a maior velocidade

É moi habitual que os avións que surcan os ceos aproveiten as condicións meteorolóxicas para reducir o seu tempo de voo. As correntes que se forman na atmosfera ocasionan, de cando en vez, que cheguen tempo antes do previsto porque as aeronaves son empurradas pola corrente en chorro. É o que aconteceu cun voo de British Airways entre Nova York e Londres, que este 9 de febreiro estableceu un novo récord de velocidade subsónico ao cruzar o Atlántico en 4 horas e 56 minutos grazas ás condicións xeradas por Ciara, unha potente borrasca que afecta estes días ás illas británicas e que mesmo se está deixando notar na costa galega.

O voo BA112 empurrado por Ciara superou o récord anterior dun avión noruegués, que fixera o percorrido entre Nova York e o aeroporto londinense de Gatwick en 5 horas e 13 minutos. Coma el, centos de avións sumáronse á corrente que sopraba en dirección leste para acelerar e, ao tempo, aforrar combustible. Ao mesmo tempo, os avións que se tiñan que dirixir a Norteamérica viaxaban ao norte da corrente en chorro para evitar o freo que supoñían estes refachos no seu avance cara ao oeste. Así, mentres o avión de British Airways batía récords, outros voos tardaban ata unha hora máis do habitual en completar a viaxe.

Publicidade

Tal e como explican no blog do portal de información aérea Flightradar24, a velocidade que amosa cada un dos voos reflectidos nesta páxina web é a velocidade respecto ao terreo, uns datos que se reciben da aeronave a través do sistema ADS-B. Porén, algúns voos transmiten varias velocidades, relativas á velocidade aérea, a velocidade real e o valor de Mach (a relación entre a velocidade dun corpo nun determinado medio e a velocidade do son nese medio nas mesmas condicións). Durante a súa viaxe impulsado por Ciara, o voo BA112 acadou un Mach 0,86.

Aviso laranxa por Ciara

A propia borrasca está a provocar numerosos problemas en Irlanda e o Reino Unido, con voos cancelados e incidencias por ondas, vento e chuvia. A situación chega a notarse na costa atlántica e cantábrica do norte da península ibérica, onde está activado ata o martes un aviso de nivel laranxa por ondas que poderían chegar aos sete metros.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Unha masa de aire polar e unha borrasca atlántica afunden os termómetros en Galicia

A primeira metade da semana estará marcada por un choque entre altas e baixas presións que deixará formacións nubosas e treboadas en todo o territorio

Da Regina aos 22 graos: por que Galicia vivirá unha semana de tempo tan cambiante?

Unha valgada achegarase dende o Atlántico a partir do xoves e provocará un brusco descenso térmico e unha elevada probabilidade de precipitación en toda Galicia

Canto durará o anticiclón en Galicia? Unha fronte fría traerá de novo chuvia e frío a partir deste día

A borrasca Pedro é a última dun carrusel que comezou a finais de 2025, pero a tregua de tempo solleiro e seco durará menos dunha semana

Das inundacións de 1571 a Hortensia: seis episodios de chuvia extrema na historia de Galicia

Os rexistros da AEMET indican que a cidade da Coruña rexistrou 31 días seguidos de precipitacións en decembro de 1935