Xoves 28 Marzo 2024

Sen evidencias: cans e gatos non transmiten o coronavirus

A Organización Mundial da Saúde salienta que non se atopou aínda nin un so caso no mundo e os expertos apuntan a que non podería haber contaxio

Xogar co noso amigo peludo favorito pode ser un bo xeito de rebaixar o estrés ante as novas do coronavirus. E a boa noticia é que, a pesar dos informes e rumores espallados nas últimas datas, a maioría dos expertos están de acordo en que non hai que preocuparse: os nosos cans e gatos domésticos non están en risco, xa sexa tanto de propagar o virus como de enfermar eles mesmos.

As dúbidas sobre as mascotas apareceron cando o 5 de marzo as autoridades chinesas advertiron ás persoas que non bicasen ás súas mascotas, despois de que un Pomeranian fora posto en corentena en Hong Kong tras dar “debilmente positivo” co SARS-Cov-2.

Publicidade

O can, que pertencía a un paciente con coronavirus, portaba o virus na boca e oa fuciñoa, segundo as autoridades de Hong Kong ( AFCD). Pero non amosou signo ningún de enfermidade.

“Agora, sabemos que, case con toda seguridade, o virus pasou do humano ao can”, explicou o inestigador Will Sander, xefe do programa conxunto de veterinaria e saúde pública en Universidade de Illinois, quen estudou o caso.

“Neste momento, as persoas non deberían estar preocupadas por se este coronavirus afecta ás súas mascotas”, dixo Sander en declaracións a Business Insider o pasado luns. “O virus parece estar ben adaptado para propagarse entre as persoas e, por tanto, é pouco probable que salte aos cans ou gatos”.

Segundo a Organización Mundial da Saúde, non hai razón para asustarse polas mascotas como posibles vítimas ou portadoras do coronavirus, xa que non hai evidencia de que poidan estar infectadas. Aquí podes ler como a OMS desmonta esta andrómena, xunto con outras que circulan sobre o coronavirus: non o transmiten os mosquitos, nin se prevé con baños de auga quente, nin hai que beber bebidas mornas, etc… E tampouco é transmitido por cans nin por gatos.

Moitos tipos de virus, incluído o arrefriado común, non se poden transmitir entre as mascotas domésticas e as persoas por razóns moi científicas: teñen diferentes receptores celulares que os humanos. Isto significa tamén que cans e gatos non poden infectarse con eses virus, aínda que eles poidan ter as súas propias versións destas doenzas.

Todo indica que sucede o mesmo co caso do novo coronavirus. Non se transmite entre humanos e as súas mascotas. No caso do can en corentena que deu positivo, todo apunta un caso de contaminación ambiental, ou mesmo un problema coa proba.

Se queres estar san, e que a túa mascota tamén, hai que preocuparse menos polo coronavirus e máis por asegurarse de que estean ao día coas vacinas, recibir recoñecementos veterinarios anuais e vixiar parasitos intestinais, polgas e carrachas.

Tamén temos que tomar as nosas proteccións como humanos. E, pola nosa banda, lavar ben as mans despois de tocar animais, xa que a súa saliva si pode propagar outros xermes. Cans e gatos, sobre todo se pasean pola rúa, poden transmitirnos bacterias como E. coli e Salmonella, que poden causar diarrea e vómitos, así como certos tipos de parasitos. Pero, non hai casos de que transmitan o coronavirus, agás o caso de Hong Kong, que está prácticamente descartado, actualmente.

Así que non hai razóns para preocuparse de que os nosos amigos peludos vaian contaxiarnos o SARS-COV-2. Pero, se queremos ser moi previsores, só debemos ter en conta unha recomendación: se compramos víveres para unha corentena, non esquezamos o alimento para eles… que tamén comen.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Por que algúns pacientes teñen covid persistente e outros non? Este estudo dá na clave

Un equipo do Hospital Universitario de Zúrich busca mellorar a atención aos doentes con novas estratexias de tratamento

Ascenden a 57 os falecidos por gripe en Galicia

O último informe do Sergas confirma a tendencia á baixa da incidencia nas catro provincias

Por que aumentan as infeccións respiratorias agudas en España?

Estamos xusto no momento do incremento da curva da gripe que este ano coincidiu co Nadal e o aumento dos contactos sociais

Tes gripe ou covid? Estas son as diferenzas

A inmunóloga África González admite que teñen síntomas moi similares pero que se distinguen polo tempo de incubación e a estacionalidade