O asteroide dos Defuntos achégase de novo á Terra

Aínda que non é un obxecto perigoso para os habitantes da Terra, os descubridores do asteroide 2015 TB145 quedaron abraiados cando o viron hai tres anos por dous motivos. Os investigadores do telescopio Pan-STARRS en Hawai viron que, baixo determinadas condicións de iluminación, ten un aspecto que recorda moito a unha caveira humana. E ademais, calcularon que o seu máximo achegamento ao noso planeta (a ‘só’ 486.000 km) ía producirse na noite do 31 de outubro, no que numerosas culturas arredor do mundo renden homenaxe aos seus defuntos.

171031_imagenGIGasteroideArecibo_NAIC-AreciboNSF
Imaxes reais do asteroide de Defuntos.

Con estas dúas peculiaridades, non se tardou en bautizalo como o asteroide de Halloween, a Gran Cabaza, o Cometa da Morte, o Asteroide Caveira ou dos Defuntos, por este peculiar aspecto que se pode ver nalgunhas das imaxes reais que se tomaron del.

Publicidade

E de novo, o 2015 TB145 volve achegarse ao planeta, segundo recolle a Agencia Sinc. Esta vez pasará máis lonxe, a case 40 millóns de quilómetros, unhas 105 veces a distancia media entre a Terra e a Lúa (DL). O seu máximo achegamento será o día 11 de novembro.

Desde 2015, o asteroide coñecido como o dos Defuntos continuou a súa viaxe arredor do Sol, cruzando as órbitas de Mercurio, Venus e Marte, e volve agora a pasar preto da Terra. A tal distancia, non supón ningún tipo de problema

Publicidade

“En realidade, a aproximación deste ano non se considera un paso cercano propiamente dito, xa que para iso tería que estar a menos dunhas poucas decenas de DL, o que non vai acontecer de novo ata 2085 e, aínda así, non chegará a estar tan cerca como en 2015″, explica a Sinc Pablo Santos Sanz, astrónomo do l Instituto de Astrofísica de Andalucía (IAA-CSIC) e coautor dun estudo sobre 2015 TB145.

Engade Santos Sanz, con todo, que “aínda que as condicións para as observacións non sexan tan favorables como as de hai tres anos, recolleranse novos datos sobre este obxecto que poden axudar a coñecelo mellor”. Porén, debido á distancia á que pasará, só se poderá percibir cos grandes telescopios da NASA ou a ESA.

Un cometa antigo

O asteroide ten uns 650 metros de diámetro, o seu período de rotación é de arredor de cinco horas, tarda 3,04 anos en completar a súa órbita e a súa reflectividade da luz do Sol é do 6%. Os astrónomos cren que pode ser un antigo cometa que perdeu os seus compostos volátiles despois de sucesivos pasos arredor do Sol.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

A NASA revela as primeiras imaxes dende a cara oculta da Lúa

A tripulación da misión Artemis II captura fenómenos únicos como a 'posta da Terra', unha eclipse solar e detalles inéditos da superficie lunar

Descuberto un sistema planetario ‘ao revés’ que desafía as teorías da formación astronómica

O achado dun mundo rochoso na periferia da estrela LHS 1903 suxire que os planetas tamén poden formarse de forma secuencial en contornas sen gas

Así se ve a Terra en tempo real e en 4K dende a Estación Espacial Internacional

A plataforma SatélitesArg reúne emisións da NASA e da empresa británica SEN para mostrar paisaxes do planeta a 400 quilómetros de altitude

Descubertas novas pistas sobre a orixe de Theia, o hipotético planeta que formou a Lúa

Unha análise de isótopos de rocas lunares e terrestres revela que o obxecto celeste chocou contra a Terra e deu lugar ao noso satélite fai 4.500 millóns de anos