A Universidade de Santiago organiza a I Feira de Innovación USC-ABANCA

A Universidade de Santiago de Compostela achegará os días 27 e 28 de novembro a toda a cidadanía a súa oferta formativa, investigadora e de transferencia de coñecemento na primeira edición dunha feira na que ademais dará conta da súa aposta decidida por difundir a cultura emprendedora entre o estudantado universitario.

As persoas que visiten a I Feira de Innovación USC-ABANCA poderán asistir ao longo de dúas xornadas a exhibicións das máis innovadoras tecnoloxías, presentación de spin-offs e patentes xurdidas na Universidade compostelá, obradoiros de emprendemento, charlas e conferencias divulgativas, entre outras moitas actividades.

Publicidade

O evento, organizado no contexto das actividades do Plan de Excelencia do Sistema Universitario de Galicia Ultreia 2020, estruturarase en varios grandes bloques, que darán conta da oferta completa de estudos da USC, das liñas de investigación levadas a cabo en todos os seus campus e dos esforzos por conectar os resultados desa investigación co sector produtivo.

Nos primeiros días de novembro farase público o programa de actividades, entre as que se inclúe ademais a III edición do Campus ABANCA, un concurso dirixido a estudantes universitarios e de bacharelato que teñan unha idea de negocio ou proxecto e desexen mellorar as súas habilidades e competencias para emprender nas consideradas profesións do futuro. A inscrición a este concurso está aberta ata o 21 de novembro .

Publicidade

As entradas para asistir a esta primeira feira, de balde ata completar aforo, estarán dispoñibles para o gran público nos vindeiros días, na páxina web da USC e no portal de adquisición de entradas Ataquilla.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O IGFAE colabora na detección da fusión de buracos negros máis grande xamais observada

Os centros LIGO-Virgo-KAGRA anuncian a identificación dunha onda gravitacional que abre novas perspectivas no estudo destes eventos cósmicos

O IGFAE tece fíos entre a física e a creación cun programa de residencias artísticas

O prazo de solicitudes estará aberto ata o 20 de outubro de 2025 e a proposta seleccionada recibirá unha achega de 8.000 euros

A RAGC entrega os seus premios anuais de transferencia, divulgación e xornalismo

Os avances de NeurObesity e o grupo I+D Pharma foron recoñecidos xunto ao traballo de Galiciencia e Lucía Cancela

Deseñan na USC modelos 3D para reproducir un tumor con fibras de hidroxel

O estudo permite a simulación tridimensional nunha única fibra estable que facilita a manipulación experimental en tres fases: líquida, xel e gas