Venres 29 Marzo 2024

Así voan os avións científicos ata o ollo do furacán

A expresión “no ollo do furacán” adoita usarse para estar no medio dunha situación violenta ou conflictiva. Con todo, o centro dun ciclón é un lugar case apracible, onde os ventos son máis calmos e loce o Sol baixo un ceo azul. No ollo do furacán hai a presión máis baixa de todo o fenómeno (ata un 15% menor) e este ‘oasis’ adoita medir entre 30 e 45 quilómetros de diámetro.

Pero chegar ata o ollo fo furacán non é doado. Porque está arrodeado dunha auténtica muralla de nubes, un anel de tormentas convectivas chamado a ‘parede do ollo’. E ese pesadelo de vento e nubes é o que teñen que atravesar os chamados ‘cazadores de furacáns’, científicos que voan ata o interior destes ciclóns para obter datos meteorolóxicos.

Publicidade

Estes avións eran vitais dende a II Guerra Mundial ata a chegada da era dos satélites. E agora seguen a usarse, especialmente nos Estados Unidos, con aeronaves e tripulacións da Armada, da Forza Aérea ou da Administración Nacional Oceánica e Atmosférica (NOAA, polas súas siglas en inglés).

Coa chegada do furacán Florence, algúns destes científicos foron entrevistados. É o caso de Jon Zawislak, un cazador de ciclóns que na última semana voa cada día 8 horas, percorrendo miles de quilómetros e colleitando datos sobre o vento, a temperatura, a presión, a humidade e a choiva dentro de grandes tormentas. Mentres outros no terreo están a descubrir as mellores formas de evitar os ollos destas perigosas tormentas , el voa directamente cara a elas.

“As aeronaves seguen a ser a mellor plataforma que temos para medir o estado dunha tormenta”, dixo Zawislak nunha entrevista a Business Insider. “Cando se trata do campo de vento, ou a presión central da tormenta, ese tipo de información só pode provir realmente dun avión e dos instrumentos que levamos a bordo”.

No seu avión Lockheed Martin WP-3D, que voa para a Administración Nacional Oceánica e Atmosférica (NOAA), empregan o radar a bordo para medir o vento e a choiva. Pero tamén un pequeno dispositivo de papel equipado cun paracaídas na parte posterior e un GPS, chamado sonda descendente. Leva sensores de presión, temperatura e humidade.

Zawislak dixo que foron eles, a bordo do seu avión, os que determinaron que o furacán Florence medrara ata a categoría 4.

Cando chegan ao ollo do furacán, moitos cazadores de tormentas din que é como un estadio de fútbol. De súpeto, todo está tranquilo: é un lugar de paz, rodeado dun caos violento. No caso de Florence, o ollo tiña 24 quilómetros de diámetro e Zawislak afirmou que tardaron catro minutos en atravesalo, ata regresar á violencia do ciclón.

De feito, o ollo do furacán ten provocado traxedias: ás veces, cando pasa un ciclón a xente sae á rúa a avaliar os danos en canto ve que o ceo se despexa, o vento acouga e o ceo é azul. Cando chega a ‘parede do ollo’ do outro lado, se ven atrapados polos ventos afuracanados.

Pero todo isto é algo que non temen os ‘cazadores de ciclóns’. Que saen para voar no medio da tempestade, como podemos ver nestes vídeos gravados pola axencia meteorolóxica estadounidense.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

00:00:12

Karlotta azouta Galicia con refachos de máis de 200 km/h

A borrasca mantén á comunidade en alerta laranxa por vento e chuvia este xoves e provoca varias incidencias

A borrasca Irene azouta Galicia con refachos de máis de 80 km/h

É unha fronte de alto impacto e A Coruña e Ourense poderán acumular 40 litros en 12 horas

Santiago rexistrou máis de 2.300 horas de Sol en 2023, a segunda marca máis alta do século

A chuvia recollida ao longo do ano superou os 2.000 litros por metro cadrado, mentres que a temperatura máxima foron os máis de 36 graos do pasado 8 de agosto

A primeira fronte fría do ano activa as alertas por chuvia e vento en todo o litoral galego

Galicia empeza 2024 baixo os efectos dunha borrasca atlántica que deixará precipitacións intensas e refachos que superarán os 80 km/h