Así se chaman as mozas e mozos galegos do século XXI

Os datos do Instituto Galego de Estatística evidencian un cambio nos nomes propios: Lucía, Pablo, Sara ou Hugo suceden a María ou Manuel

Como se chaman as mozas e mozos galegos do século XXI? O Instituto Galego de Estatística (IGE) recolle desde o ano 2000 (os últimos rexistros son de 2017) os nomes dos neonatos de cada ano. Unha mostra máis do cambio da sociedade de Galicia.

Aínda que os nomes máis habituais do conxunto da poboación seguen sendo os tradicionais (Manuel, María, José, Carmen, Antonio ou Josefa, coas súas correspondentes combinacións de nomes compostos), a tendencia foi mudando co paso das décadas ata a actualidade.

Publicidade

Así, se atendemos aos rexistros recollidos desde o ano 2000, os nomes máis comúns dos mozos e mozas galegos que hoxe contan menos de 20 anos son Lucía, Pablo, Sara, Hugo, Daniel e Paula. Neste gráfico que elaboramos podes ver como evolucionaron:

Aínda que nomes como Manuel e María seguen estando entre os máis utilizados polos pais, xa non encabezan a listaxe coma no século XX. E por outra banda, desde o ano 2010 emerxen tamén outros nomes que non estaban entre os máis habituais ata agora, como Noa, Martina, Leo, Enzo, Izan ou Vera.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un terzo da poboación galega terá máis de 65 anos en 2039

O IGE estima que dentro dunha década haberá 260 individuos que superen os 65 anos por cada 100 menores de 20

Vivenda, traballo e lecer: cal é a provincia máis feliz de Galicia?

Ourense e Lugo sitúanse á cabeza do benestar segundo datos do IGE, mentres Pontevedra rexistra as valoracións máis baixas

Como serán os fogares do futuro en Galicia? Este será o seu cambio en 2039

As proxeccións do Instituto Galego de Estatística avanzan un incremento xeral das vivendas, con máis persoas vivindo soas e menos parellas con fillos

Cal é o apelido máis común no teu concello? Consúltao neste mapa

Os sobrenomes patronímicos son os máis frecuentes en Galicia: Rodríguez, Fernández e González son os que contan con máis persoas, aínda que non predominan nas catro provincias