Venres 19 Abril 2024

A Xunta inicia un plan de catro anos para formar en competencias dixitais a máis de 45.000 galegos

Amtega desenvolve un proxecto que supón a inversión de preto de 23 millóns de euros para a mellora das aulas CeMIT

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) está a desenvolver o Plan de Reforma e Ampliación da Rede de Aulas CeMIT, que ten entre os seus obxectivos formar en competencias dixitais a 45.790 ata o próximo 2025. O plan aprobado a finais de 2021 polo Consello da Xunta suporá un investimento de 22,7 millóns de euros para abordar a transformación física e arquitectónica das aulas e dotalas de equipamento tecnolóxico punteiro.

Tamén será fundamental o papel dos centros para acadar que o 70% dos galegos e galegas teña competencias dixitais básicas, o 50% deles mulleres, segundo establece a Estratexia Galicia Dixital 2030.

Publicidade

A Rede CeMIT é unha iniciativa posta en marcha pola Amtega que conta coa colaboración de 91 concellos e está integrada por 97 centros en 52 comarcas, co obxectivo de transformar á cidadanía galega nunha sociedade plenamente dixital, ofrecendo recursos de capacitación adaptados ao nivel de coñecemento das persoas usuarias.

O Plan recentemente aprobado contempla a creación de ata 30 novas aulas. Para acadar este obxectivo se establecerá un mecanismo de adhesión dos concellos interesados no novo convenio marco que se asinará coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). Abrirase unha convocatoria pública para que os concellos interesados na que primará o maior número de poboación atendida, o maior número horas de actividades e horario de apertura así como a maior distancia á aula de referencia máis próxima.

O importe para 2022 é de 813.00 euros, nun ano que confluirá cun proceso de transición ata acadar o novo modelo de Rede CeMIT

O acordo do Consello da Xunta supón a prórroga do convenio entre a Amtega e a Fegamp para a xestión da subvención e a entrega e distribución dos fondos públicos ás entidades locais para a realización das actividades da Rede CeMIT. O importe para 2022 é de 813.00 euros, nun ano que confluirá cun proceso de transición ata acadar o novo modelo de Rede CeMIT previsto no Plan de Reforma  e Ampliación.

A primeira liña estratéxica do Plan contempla  a dotación de material tecnolóxico punteiro ás aulas (equipos All-in-one, con complementos inclusivos para persoas con discapacidade, impresoras 3D, kits de robótica e drons, gafas de realidade virtual, kits de placas de comunicación e programación…) para acadar unha experiencia formativa plena por parte da cidadanía.

A segunda liña de actuación centrarase na transformación física e mesmo arquitectónica dos centros CeMIT, que serán, trala súa adaptación, máis flexibles e permitirán novos usos acordes coas últimas tendencias didácticas e tecnolóxicas.

Formación adaptada ao marco galego e europeo

 A terceira liña de acción incidirá na potenciación da formación, reforzando os recursos formativos e humanos dos centros para permitir que máis de 45.000 persoas logren a acreditación en competencias dixitais regulada polo Marco Galego de Competencias Dixitais, que entrou en vigor o pasado 1 de xaneiro, e que supón a transposición e adaptación ao escenario galego do Marco Europeo de Competencia Dixital para a cidadanía.

A cuarta liña de intervención céntrase en intensificar a presenza no rural a través dun servizo de aula móbil que permitirá achegar a capacitación dixital a todos os puntos da xeografía galega. Por último, reforzaranse os servizos dixitais (os espazos web do proxecto, a plataforma formativa online…) e o seu soporte e mantemento, como medida transversal para contribuír ao fortalecemento de todas as liñas de actuación.

O Plan  busca asegurar que a cidadanía conta coas capacidades dixitais básicas para participar de forma efectiva no novo contexto dixital, propiciando unha mellor calidade de vida, a creación de oportunidades de emprego e a redución das fendas de participación existentes, en especial entre os colectivos máis vulnerables, fomentando a igualdade dixital.  As diferentes vías de actuación promoven tamén unha rede de puntos físicos para o uso libre do equipamento tecnolóxico e a conectividade.

Máis de 100.000 usuarios das aulas CeMIT

Desde a súa posta en marcha hai máis de 10 anos, máis de 100.000 persoas beneficiáronse das distintas iniciativas nas aulas CeMIT. En concreto, a 31 de decembro contaba con 104.110 persoas usuarias. Delas, un 59% son mulleres e destaca o uso maioritario por parte das persoas que teñen entre 45 e 54 anos, que supoñen un 22,7% dos usuarios totais.  As persoas de 55 e máis anos representan o 27,5% dos usuarios, unha porcentaxe que se incrementou nun 31% desde os inicios da Rede CeMIT, xa que en 2012 era do 21%.

Na Rede ofertáronse, desde 2011, máis de 453.700 horas de formación que, unidas ás restantes iniciativas postas en marcha polo Goberno galego para lograr a inclusión dixital, contribuiron que o 87,1% dos galegos e galegas empreguen internet, segundo os últimos datos do INE. Esta porcentaxe supón un incremento de máis do 85% con respecto ao dato de 2010, en que a usaba o 47%.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Convocado o IX Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas

Os traballos poden enviarse a partir do 15 de abril. A dotación económica do galardón será de 5.000 euros, cun accésit para o segundo mellor valorado

▪️ Expertos en tecnoloxía, ciencias e humanidades asesoran a Xunta para o uso ético da IA

A comisión de especialistas elabora recomendacións para impulsar accións formativas e a sensibilización na administación e empresas

O Goberno reúne datos de Xunta e concellos para exixir indemnización polos 'pellets'

O executivo central solicitará unha compensación polos servizos de Salvamento Marítimo durante o episodio de contaminación mariña

Comesaña: "O Centro de Protonterapia tratará pacientes de cancro en 2025"

O conselleiro de Sanidade fala da situación da sanidade galega e dos novos proxectos de terapias oncolóxicas