Xoves 23 Maio 2024

O tradutor de galego GAIO xa ten a súa app para móbiles

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a Secretaría Xeral de Política Lingüística veñen de publicar a aplicación do sistema de tradución GAIO. A app, dispoñible para os sistemas operativos IOS e Android traslada aos dispositivos móbiles as funcionalidades de GAIO, un servizo de tradución interna da Administración autonómica, que a Xunta puxera a disposición da cidadanía en setembro de 2015.

GAIO5

A aplicación móbil Gaio, que conta cunha interface moi sinxela e intuitiva, permite a tradución de textos entre galego, castelán, inglés, portugués, francés e catalán. O usuario que descargue Gaio poderá gardar as súas traducións favoritas, enviar suxestións para completar e mellorar os dicionarios de Gaio, configurar os idiomas por defecto e predeterminar se aplicación debe ou non marcar as palabras descoñecidas.

Publicidade

A nova app vai beneficiarse ademais de todas as melloras que se vaian incorporando aos dicionarios da aplicación web, que leva máis de dous anos en funcionamento a nivel interno na Xunta de Galicia, e dez meses dispoñible para toda a cidadanía.

Con Gaio xa son 25 as apps dispoñibles no catálogo de servizos en mobilidade  da Xunta de Galicia e que abranguen servizos para demandantes de  emprego (Mobem); para o ámbito educativo (abalarMóbil); para a mocidade (Carné Xove); relacionadas coa meteoroloxía (Meteogalicia, MeteoRoute); coa pesca (Non piques-Non peques); co turismo (Enoturismo, Sendegal, Turismo de Galicia, Bono Iacobus, Camiño de Santiago); coa prevención da violencia de xénero (escAPP) ou coas TIC na empresa (aplicación do Centro Demostrador TIC, CDTIC), entre outras.

Con GAIO xa son 25 as apps do catálogo de servizos en mobilidade

Desde que se puxo a disposición da cidadanía hai dez meses, o servizo de tradución Gaio rexistrou 3,2 millóns de consultas, que supuxeron a tradución de preto de 190 millóns de palabras.

Desde setembro recibiu máis de 1 millón de visitas que puideron acceder á tradución directa e inversa de textos e de webs en galego, castelán, portugués, inglés, francés e catalán etc.

O  servizo inclúe unha personalización de máis de 16.000 termos entre topónimos galegos, terminoloxía específica da administración, nomenclatura vinculada ás corporacións de todos os concellos, consellerías etc.

Gaio está accesible desde o Portal da Lingua Galega, que conta cun eficaz buscador que permite localizar os contidos de interese, así como con filtros que facilitan a selección dos recursos axeitados ás necesidades de cadaquén entre a ampla oferta con que conta este espazo web.

Aquí é posible
baixar e instalar a app do tradutor Gaio

2 COMENTÁRIOS

  1. Gustaría saber, se o traductor é automático, quero decir si a medida que escribo e erro, aparece a verba adecuada en galego

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

O sector galego das TIC suma 23.000 empregos directos, 4.000 no último lustro

A facturación medra preto dun 14% e achégase aos 3.700 millóns de euros

▪️ Expertos en tecnoloxía, ciencias e humanidades asesoran a Xunta para o uso ético da IA

A comisión de especialistas elabora recomendacións para impulsar accións formativas e a sensibilización na administación e empresas

A Plataforma Dixital Agroforestal de Galicia empregará intelixencia artificial ao servizo do campo

Agricultores, gandeiros e silvicultores poderán cumprir obrigas coa administración e vixiar as súas explotacións, entre outras funcións

As aulas CeMIT formaron a 900 persoas en impresión 3D, robótica ou programación

Amtega distribuíu máis 1.300 novos dispositivos este ano nunha rede que xa conta con máis de 113.000 usuarios