Un xulgado da Coruña declara nula a cláusula que prohibe liberar un móbil

A sentenza emitida esta semana polo xulgado número 1 do Mercantil de A Coruña, á que tivo acceso GCiencia, pode converterse nun precedente xurídico importante nas relacións entre os usuarios e as compañías telefónicas. O fallo xudicial, que pode ser recorrido, condena á empresa Vodafone a reintegrar aos seus clientes as cantidades esixidas despois de que realicen a liberación dos seus móbiles, unha vez concluído o prazo de permanencia na compañía que establecía o contrato. A demanda foi presentada pola asociación de usuarios de banca ADICAE.

A sentenza considera “nula” a cláusula que se establece nos contratos pola que un usuario non pode liberar o móbil aínda que xa non estea vixente a permanencia na compañía coa que o contratou. “Unha vez finalizado o período de permanencia, ou con anterioridade, se abonaron a cláusula penal ou se están a cumprir as obrigacións derivadas do contrato, o cliente debe ter a posibilidade de utilizar libremente o terminal”, di textualmente a sentenza.

Publicidade

Vodafone deberá devolver os cartos a todos os clientes que pagaron a penalización

O xuíz condena a Vodafone a abonar as cantidades cobradas indebidamente a aquelas persoas que liberaron o seu móbil unha vez concluido o período de permanencia e tamén a aquelas que liberaron o seu teléfono despois de desvincularse da compañía ao pagar a penalización por cancelación anticipada do contrato. Ademais a sentenza establece que deberán aboarse os intereses correspondentes dende a data da presentación da demanda.

O fallo declara ademais a nulidade das cláusulas nos contratos que xa están en vigor e reclama a Vodafone que non a inclúa nos contratos que se asinen a partir de agora. Tamén sinala que deberá comunicar aos seus clientes, de xeito individualizado, o cambio nas condicións dos contratos asinados ao suprimirse esta cláusula. Contra a sentenza cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de A Coruña.

Publicidade

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Os nenos galegos son os que menos usan as pantallas durante a semana

Dificultades para concentrarse, para durmir ou para ler e escribir son algunhas das consecuencias da exposición temperá a novas tecnoloxías

Usas apps menstruais? Unha mina de ouro para os anunciantes e un risco para as mulleres

Un informe da Universidade de Cambridge advirte que os datos recompilados poden usarse para vixilancia laboral, acoso dixital e limitar o acceso ao aborto

O 27% dos adolescentes galegos sufriu acoso a través das redes

O 15,8% dos mozos presentan síntomas de adicción ás novas tecnoloxías, segundo un estudo publicado pola Universidade de Vigo

Os móbiles causan cancro? A ciencia descarta esta relación tras 30 anos de estudo

A evidencia non mostra un aumento significativo no risco dos tipos de cancro máis investigado asociados co uso de teléfonos