Un avance dende Ferrol para as células solares orgánicas

A prestixiosa revista Advanced Functional Materials publica un artigo do investigador Ramón e Cajal na Universidade da Coruña Jaime Martín

A prestixiosa revista Advanced Functional Materials vén de publicar un artigo do investigador Ramón e Cajal na Universidade da Coruña, Jaime Martín, no que desentraña o complexo comportamento estrutural dunha das familias de materiais máis relevantes no campo das células solares orgánicas.

Tal e como explica o investigador do Grupo de Polímeros do Campus de Ferrol e profesor na Escola Universitaria Politécnica, ata hai poucos anos, as células orgánicas máis eficientes estaban compostas por fullerenos, uns materiais estruturalmente amorfos. Sen embargo, hai relativamente pouco tempo, atopáronse unha serie de novas moléculas que permiten fabricar células solares moito máis eficientes.

Publicidade

Estes novos compostos denomínase aceptores non-fullereno (ANF) e, ao contrario que os seus predecesores, non son estruturalmente amorfos senón que poden cristalizar durante a fabricación das celas solares. Isto provoca, segundo Jaime Martín, que moitas desas novas células solares teñan na súa estrutura pequenos cristais de ANF. Deste xeito, ao longo do artigo, analízanse en profundidade estes cristais e as súas propiedades optoelectrónicas.

No artigo “Polymorphism in Non-Fullerene Acceptors Base don Indacenodithienothiophene” participaron investigadores da Universidade do País Vasco (UPV/EHU), do KAUST Solar Center de Arabia Saudí, do Instituto Italiano de Tecnoloxía, da NCD-SWEET Beamline, do Georgia Institute of Technology (USA), do Instituto de Ciencia de Materiais de Barcelona (ICMAB-CSIC), do Centro de Física de Materiais de San Sebastián e mais da Universidade Tecnolóxica de Chalmers de Suíza.

Publicidade

Esta non é a primeira vez que a familia de revistas Advanced Materials publica un artigo de Jaime Martín. En novembro de 2020, a prestixiosa revista de ciencia dos materiais, Advanced Materials, publicaba un texto no que o investigador Ramón e Cajal na Universidade da Coruña presentaba unha metodoloxía experimental que permitía cuantificar a composición de células solares orgánicas. Por aquel entón, Jaime Martín contou coa colaboración de investigadores da Universidade do País Vasco (UPV/EHU), do Georgia Institute of Technology (USA), da University of California Santa Bárbara (USA), do Imperial College London (Reido Unido), do Centro de Física de Materiais (CSIC) e mais do Sincrotón ALBA.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Metano, metanol e amoníaco: a mellor receita para un transporte marítimo máis limpo

O investigador José Miguel Mahía da UDC publica un estudo que busca alternativas sostibles aos modelos baseados en combustibles fósiles

Esta é a cidade coa maior taxa de mortalidade de toda España (e si, é galega)

Ferrol lidera o ranking de falecidos por habitantes e ten a esperanza de vida máis baixa das urbes de Galicia, con só 81,78 anos

Premio para unha ferramenta feita na UDC para explicar as suxestións que recibimos na rede

Investigadores do CITIC deseñaron un novo modelo para os algoritmos de recomendacións que tamén reduce a súa pegada de carbono

Condenamos o planeta cando xeramos unha imaxe en IA ou publicamos un reel?

Crear unha foto con ChatGPT equivale á auga que bebe unha familia enteira nun día, pero a propia IA pode axudar a mitigar os efectos do cambio climático