Martes 19 Marzo 2024

Tegra, o centro de ciberseguridade de Galicia

Este mércores, Telefónica e Gradiant presentaron o centro de ciberseguridade de Galicia, Tegra. É un proxecto en colaboración coa Xunta que nace coa vocación de situar a Galicia como un axente relevante no ámbito da ciberseguridade e para crear emprego cualificado nun sector de gran demanda e potencial de crecemento.

Tegra nace no marco da unidade mixta de investigación IRMAS (Information Rights Management Advanced Systems) e a súa presentación tivo lugar durante a xornada ‘A Ciberseguridade na Industria 4.0’, coorganizada por Telefónica e Gradiant na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Publicidade

Tegra tecerá alianzas con organismos e entidades internacionais para mellorar a ciberseguridade das empresas

O obxectivo de Tegra é desenvolver produtos e servizos para mellorar a seguridade da información das empresas mediante técnicas criptográficas avanzadas, deseñar mecanismos de comprobación da identidade no acceso á información e ferramentas de análises de datos, ademais de sistemas de clasificación de documentación e de detección de accesos irregulares á información.

Este proxecto xerará tamén alianzas estratéxicas que permitan ampliar a seguridade das empresas, colaborando con organismos e entidades como a Comisión Europea, Cyber Threat Alliance, Europol, INCIBE, a Organización de Estados Americanos (OEA) e a European Cyber Secutiry Organisation – ECSO-, da que Telefónica e Gradiant son socios.

Juan Elosua (Telefónica) e Juan González (Gradiant) serán os directores de Tegra. Imaxe: Gradiant.
Juan Elosua (Telefónica) e Juan González (Gradiant) serán os directores de Tegra. Imaxe: Gradiant.

Outro dos obxectivos de TEGRA é xerar emprego en I+D+i en Galicia. Telefónica apostou nos últimos anos por situarse nunha posición de vangarda no desenvolvemento de produtos de ciberseguridade, creando a Unidade Global de Ciberseguridade, ElevenPaths. Nesta aposta, Telefónica atopou en Gradiant a un socio de solvencia para realizar este camiño de forma conxunta, e Tegra permitirá que parte desa innovación se realice desde Galicia, atraendo á comunidade autónoma unha liña de I+D+i.

Pola súa banda, Gradiant, desde a súa fundación en 2008, converteuse nun actor de referencia no ámbito da innovación TIC en Galicia, destacando especialmente pola súa capacidade de innovación e de transferencia de solucións a empresas de todo o mundo.

Tegra contará con 32 especialistas nas súas oficinas de Vigo e A Coruña

Ante o avance das ameazas mundiais en ciberseguridade, Tegra sitúa a Galicia nunha posición de relevancia na política europea nesta materia, en consonancia coa Estratexia Europea de Ciberserguridade. O centro arrinca a súa actividade con 32 especialistas e dúas oficinas, unha na sede de Gradiant en Vigo e outra na sede de Telefónica na Coruña.

Ambas as organizacións participan no novo centro cun investimento similar –1,2 millóns de euros por parte de Telefónica e 1,1 millóns por parte de Gradiant-, e a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Innovación – GAIN– achega máis de 678.000 euros. Ademais, a unidade mixta de investigación en ciberseguridad IRMAS, na que se enmarca o nacemento de Tegra, está cofinanciada polo Programa Operativo FEDER 2014-2020 da Unión Europea, cuxo obxectivo é promover o desenvolvemento tecnolóxico, a innovación e a investigación de calidade. No ámbito organizativo, Tegra estará codirigida por Juan Elosua, procedente de Telefónica- ElevenPaths, e Juan González, de Gradiant.

O nacemento de TEGRA xerou expectación na industria galega e entre os case douscentos asistentes á xornada sobre Ciberseguridade celebrada esta mañá en Santiago, inaugurada pola directora de Telefónica en Galicia, Marta Menéndez, e o director xeral de Gradiant, Luís Pérez Freire, e clausurada polo conselleiro de Economía, Francisco Conde.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Convocado o IX Premio de Xornalismo Científico Celia Brañas

Os traballos poden enviarse a partir do 15 de abril. A dotación económica do galardón será de 5.000 euros, cun accésit para o segundo mellor valorado

Pódcast | A era dos ‘deepfakes’: é fácil que nos rouben a identidade?

Neste episodio os investigadores Elena Rodríguez Lois e David Vázquez Padín responden as nosas preguntas sobre ciberseguridade

As pemes e grandes empresas galegas superan a media estatal no uso da intelixencia artificial

Un 14,8% das compañías dese segmento emprega algún tipo de solución baseada nas tecnoloxías intelixentes

A UDC celebrou unha competición de ciberseguridade para promover o interese na disciplina

Participaron un total de 119 estudantes de toda España, algúns en modalidade virtual e outros dende as Universidades da Coruña e de Vigo