Que pode facer o Código por nós?

O Centro de Estudos e Documentación Europeos da USC (CEDE) organiza este xoves 18 a xornada ‘Que pode facer o Código por nós?’, iniciativa que se desenvolve con motivo da Codeweek que a Comisión Europea impulsa todos os anos. Como a propia Unión Europea a define, a Codeweek é unha campaña para achegar a programación e o alfabetismo dixital á cidadanía en xeral.

A xornada promovida polo CEDE en Compostela desenvolverase entre as 16.00 e as 18.00 horas na Sala 1 do edificio das Facultades de Ciencias Políticas e de Relacións Laborais. A asistencia é libre ata completar o aforo sen necesidade de inscrición. As persoas que participen recibirán un xustificante do CEDE.

Publicidade

Co acento posto no software libre e o código aberto, o programa da xornada achegará coñecementos básicos sobre o código fonte, conceptos de linguaxes de programación para persoas sen coñecementos previos e reflexionará sobre a importancia da liberdade no software. Intervirá persoal do CEDE e o enxeñeiro informático Rafael Rodríguez Gayoso, ex coordinador da Oficina de Software Libre do Sistema Universitario Galego (CIXUG) e que actualmente preside a asociación MeLISA para a promoción do software libre.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Un equipo galego abre a porta a detectar a periodontite mediante unha mostra de saliva e IA

A investigación, liderada pola USC e o IDIS, indica que o mellor modelo do experimento acada unha sensibilidade superior ao 92%

Das visitas a Santiago ás colaboracións científicas: estes son os vínculos do Nobel de Física con Galicia

O galardoado Francis Halzen é o presidente do Comité Asesor do IGFAE e colaborou cos científicos Enrique Zas, Jaime Álvarez ou Ricardo Vázquez

Un estudo galego propón novos criterios para identificar áreas de lonxevidade extrema

Investigadores do IDIS e da UVigo publican por primeira vez un marco metodolóxico que inclúe parámetros demográficos e epidemiolóxicos

Un científico do CiQUS obtén unha prestixiosa axuda para impulsar un novo enfoque de deseño molecular

Luis M. Mateo é beneficiario dunha Branco Weiss Fellowship, unha das bolsas con máis recoñecemento internacional destinada a investigadores mozos