Venres 19 Abril 2024

A UE anima aos colexios de Galicia a participar na Semana da Programación

A Comisión Europea impulsa nestes días a Semana da Programación (Code Week), un proxecto que pretende achegar aos centros educativos as ferramentas básicas da linguaxe de programación e as habilidades dixitais á comunidade escolar dun xeito ameno e divertido. Segundo sinala a GCiencia Naír Carrera, pedagoga galega que traballa na European Schoolnet, unha rede de 34 ministerios de Educación basada en Bruselas, a Semana da Programación enmárcase dentro da estratexia do Plan de Acción de Educación Dixital da Comisión Europea, que anima concretamente ás escolas de Europa a participar nesta iniciativa  de levar a innovación e a programación ás aulas en todos os centros educativos de Europa.

A Comisión Europea permite que os colexios se sumen á iniciativa ata o vindeiro mes de decembro

A Semana da Programación ten lugar oficialmente entre o 6 e o 21 de outubro, pero este ano a Comisión Europea extendeu a posibilidade de participar ata o mes de decembro, o que facilita que os centros se sumen á iniciativa.

Publicidade

Para este fin, European Schoolnet creou unha páxina dedicada aos centros escolares e aos docentes de toda Europa, na que tamén se poden consultar recursos de formación para as aulas. “A finalidade é que os docentes (especialmente aqueles que non teñen experiencia previa en programación) poidan seguir estes módulos de formación e replicar os exemplos que alí se proporcionan cos seus alumnos, rexistrando así a actividade no mapa da Code Week”, explica Carrera.

Ata o de agora, entre as 22.000 actividades rexistradas na páxina web, só menos de 30 se desenvolverán en Galicia, polo que desde a UE fan un chamamento a que os colexios galegos se sumen a participar, para que “non se queden ás portas da innovación e poidan participar da transformación dixital da mesma maneira que outros docentes europeos”.

Neste senso, o Ministerio de Educación de España pon tamén a disposición dos docentes un mini curso gratuito en liña que, con só tres horas de formación, achega ós docentes ó coñecemento básico para participar na iniciativa Code Week.

Os docentes que realicen este curso de formación, denominado SomosCodeEu, recibirán o rematar una insignia dixital que poderán almacenar na mochila de credenciais abertas de Insignias INTEF, e conseguirán tamén un certificado de participación como este validado pola Comisión Europea. A información para seguir este curso de formación pódese encontrar nesta ligazón.

Do mesmo xeito, segundo sinala Naír Carrera, púxose a disposición dos docentes europeos un grupo de Facebook e unha conta en Twitter nos que os profesores teñen a oportunidade de conectar con outros docentes europeos e participar en eventos ou concursos internacionais como o CodeWeek4All challenge, que lles permite ademáis conseguir un certificado de excelencia. Ademais, na páxina web ponse á disposición do público un conxunto de ferramentas para docentes e de comunicación para todas aquelas persoas que estean interesadas en promocionar a iniciativa.

“Sabemos que a educación básica de calquera persona na era dixital debe incluír a comprensión da programación e o desenvolvemento de competencias fundamentais relacionadas co pensamento computacional, así como a capacidade de resolución de problemas, de pensamento crítico, de creatividade ou de colaboración. Estas son algunas das competencias básicas do século XXI que axudarán aos estudantes galegos a comprender mellor o mundo que os rodea, e que os axudarán a ter éxito na súa vida, tanto a nivel persoal como a nivel profesional”, expón a pedagoga galega.

Podes obter máis información na web CodeWeek.eu ou escribir ao correo nair.carreramartinez@eun.org

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

“Anicamento” e “teito de cristal”, entre as novas entradas do Dicionario da RAG

A RAG engade corenta voces como novas acepcións e mellora a definición de 20 lemas na súa última actualización

Unha masa de aire polar desplomará os termómetros en Galicia

As temperaturas caen ata 10 graos a vindeira semana, quedando en valores baixos para a época do ano

▪️ Ten sentido implantar en Galicia a nova medida antitabaco do Reino Unido?

A investigadora da USC Mónica Pérez advirte que nos países con altas taxas de fumadores é difícil que esta medida saia adiante

Galicia rexistrou preto de 43.100 raios en 2023, un 66% máis que o ano anterior

O día co maior número de descargas eléctricas detactadas foi o 9 de setembro, cun total de 10.204