O primeiro coche sen condutor en España circula de Vigo a Madrid


Se hoxe tomou a Autovía das Rías Baixas, é posible que se cruzase cun coche que non levaba ninguén ao volante. Había unha persoa no asento do condutor, pero non precisaba usar as mans, porque ese vehículo é o primeiro coche sen condutor que circula en España. Trátase dun Citroën C4, que percorreu os 599 quilómetros de autopista e autovía entre as plantas do grupo PSA entre Vigo e Madrid. E estamos ante un experimento pioneiro dunha tecnoloxía que está tan avanzada que podería ser unha realidade comercial xa no ano 2018.

Ruta realizada polo coche autónomo.
Ruta realizada polo coche autónomo.

PSA Vigo ten unha posición de vantaxe na tecnoloxía do coche sen condutor, grazas ao Centro Tecnolóxico do Automóbil (CTAG), situado no Porriño, que leva anos desenvolvendo estes sistemas autónomos. O fito de hoxe fai historia en España, despois de que a Dirección Xeral de Tráfico autorizase esta viaxe. Previamente, o grupo automobilístico xa fixera probas, o pasado verán, nun cinto de circunvalación de París e tamén en autovías no entorno de Burdeos e Rennes.
Os avances técnicos no coche sen condutor teñen sido enormes nos recentes anos, pero a tecnoloxía ten que revolver agora un problema no eido da administración e a burocracia. Os expertos coinciden en que o factor clave que non está resolto é o dos seguros e a responsabilidade civil en caso de accidente.
 

1 comentario

  1. Gran avance tanto para persoas con algún tipo de discapacidade coma para tod@s as demais usuari@s, xa que se eliminan os riscos por distracción, cansancio, consumo de calquera droga e erros múltiples. Parabéns a todo o equipo! Talvez algún día sexa accesible a tod@s.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Galicia lidera un novo cribado neonatal para identificar máis de 300 enfermidades raras

O programa piloto, no que participan nove comunidades autónomas, permitirá detectar 300 doenzas para as que hai tratamento

Proxecto Fisterra, unha solución dende Galicia para descarbonizar a actividade portuaria

Equipos do CTAG, da Universidade de Vigo e de NORVENTO apostan polo desenvolvemento de alternativas baseadas na electrónica de potencia

Un proxecto galego busca solucións para descarbonizar o transporte marítimo

Novento, CTAG e UVigo deseñarán un convertedor de electrónica de potencia para reducir o consumo de combustibles fósiles nos barcos

Confirmado: os neandertais xa tiñan capacidade simbólica

Arqueólogos españois descobren que os cranios de grandes herbívoros atopados no xacemento de Pinilla del Valle, en Madrid, foron usados como trofeo