22.000 contas de correo electrónico da Xunta xa empregan o dominio .gal

O correo corporativo da Xunta de Galicia xa emprega o dominio .gal, despois de que fose implementado coincidindo co Día das Letras Galegas. Máis de 18.500 direccións de correo electrónico da Administración xeral substitúen hoxe o @xunta.es por @xunta.gal que, xunto ás 3.500 contas do eido xudicial que xa o estaban e empregar, suman xa 22.000 direccións de correo con .gal. O obxectivo é que en 2017 todos os portais corporativos e o todas as direccións de correo corporativo, incluídas as do ámbito da educación e da sanidade, utilicen só o puntogal.

Un total de 80 portais da Xunta, o 40% do total, xa migraron ó puntogal

Este compromiso concretábase no Decreto que regula a organización da presenza en internet da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia e que foi  aprobado en maio de 2015.Desde entón todas as novas iniciativas web da Xunta publicáronse xa co dominio galego. En paralelo, iniciouse o proceso de migración dos espazos web existentes ao .gal, que xa está presente en 80 portais corporativos, o 40% total.

Publicidade

O Decreto 74/2015, do 13 de maio, determina un novo modelo de presenza na rede para todos os portais institucionais,  que se estruturan arredor de www.xunta.gal, como porta de entrada a todos os espazos e servizos web sociais e participativos dos organismos e entidades que integran o sector público autonómico. A adaptación ao novo dominio vénse desenvolvendo de xeito paulatino e sen que supoña ningún custe adicional para a Administración autonómica.

A consecución do dominio “.gal” foi un fito histórico, froito do apoio de toda a sociedade galega. Ao obxectivo de acadar un dominio en galego se adheriron máis máis de 14.000 cidadáns, 114 institucións das máis diversas disciplinas, xunto con máis de 20 centros de emigrantes doutras comunidades autónomas e doutros países como Portugal, Francia, Suíza, Alemaña, Bélxica, Arxentina, Estados Unidos, Uruguai ou Brasil

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Please enter your comment!
Please enter your name here

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.

Relacionadas

Máis de 2.500 sinaturas esixen á Xunta que declare o salmón “en perigo de extinción”

Cinco entidades ecoloxistas reclaman que a administración galega "asuma a súa responsabilidade" e protexa a especie

Galicia introduce unha vacina de reforzo contra a meninxite B aos 12 anos

O Sergas aplicará unha dose única aos nenos con pauta completa e dúas aos que non a teñan, aínda sen definir a data de inicio da medida

Unha nova app de ciencia cidadá facilitará a detección temperá de incendios en Galicia

A Xunta ten previsto o seu lanzamento en xullo e estará integrada cos sistemas de alerta existentes e coa rede de vixilancia con intelixencia artificial

A rotura de balsa do Monte Neme reabre a ferida ambiental da antiga mina

A Xunta de Galicia solicita dous informes, un sobre a empresa responsable da restauración e outro sobre a dirección da obra